12/02/2019
ADEGA anunciou hoxe que presentará recurso diante a Audiencia Provincial contra a sentenza que absolve ao alcalde, arquitecta municipal e o equipo de goberno de Barreiros por presunto delito de prevaricación. O fallo crea un nefasto precedente.
11/02/2019
ADEGA publica unha nova edición da revista CERNA na que se recollen artigos sobre a ILP do Bosque, a biodiversidade entre eucaliptal e carballeiras, os soutos e castiñeiros, a invasión da ameixa asiática, o Plan Revitaliza ou o Sobreiral do Arnego.
06/02/2019
No culebrón mineiro de Touro sucédense os capítulos cada vez máis delirantes. Ante a contaminación dos ríos a mineira propón, seguindo a "doutrina G.W. Bush", eliminalos bombeando as augas a unha balsa, que tería que baleirar ao abrir de novo a mina!
05/02/2019
ADEGA organizou unha xornada de voluntariado ambiental o 2 de febreiro, Día Mundial dos Humidais. O lugar escollido para esta nova actuación é un dos humidais senlleiros da costa galega que comeza a sufrir a problemática das EEI
04/02/2019
Este 4 de febreiro remata a prazo de alegacións do novo treito da A-57 proxectada como circunvalación de Pontevedra. Unha infraestrutura sen demanda social, cara e froito de políticas de mobilidade caducas e insustentábeis
27/01/2019
Métodos pouco científicos, datos desfasados e nesgados, falta de obxectividade... A Xunta asume sen máis os postulados da Federación Galega de Caza dando por boa a teoría da superpoboación, que se basea nun estudo feito por un directivo da FGC!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal