ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
27/02/2026

Medio Ambiente retirou ilegalmente a protección dun territorio para favorecer a Altri

O TXSG obriga á Xunta a recuperar a protección da zona na Estratexia da Infraestrutura Verde.

+info

26/02/2026

"Altri Non" celebra a vitoria contra a macrocelulosa pero advirte que aínda queda o golpe de graza

A Coordinadora galega “Altri Non”, conformada polas organizacións sociais do país contrarias á macrocelulosa, anuncia novas accións mobilizadoras que procuren garantir o arquivo real e definitivo do proxecto de Altri en Palas de Rei.

+info

23/02/2026

ADEGA presenta alegacións ao Proxecto de Interese Autonómico para a construción de vivenda no barrio lucense do Sagrado Corazón

Desde a asociación ecoloxista consideran que non está xustificado que o proxecto se considere de interese autonómico, ademais de ser insustentábel e especulativo. Reclaman que se estuden outras alternativas.

+info

18/02/2026

Galiza está a perder entre 2,8 e 5 millóns de toneladas de solo pola inacción das administracións tralos incendios

As recentes borrascas intensifican a erosión dos milleiros de hectáreas afectadas polos incendios do pasado ano. A Xunta, por exemplo, só interveu no 0,16% da superficie (oficialmente) queimada.

+info

11/02/2026

As emisións de contaminantes atmosféricos en Galiza están por riba do que nos corresponde por extensión, poboación e PIB

ADEGA leva ao Consello da Calidade do Ar de Galiza propostas para reducir as emisións na liña do recomendado pola OMS.

+info

07/02/2026

ADEGA denuncia o abandono institucional da Torre de Torés e reclama a súa inmediata protección e consolidación

Nos últimos días, os temporais provocaron o derrubamento parcial deste Ben de Interese Cultural nas Nogais.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal