ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
19/12/2019

Caso Pescanova: xuízo a un modelo corrupto e depredador

Na Audiencia Nacional española estase vendo o xuízo contra a cúpula da antiga Pescanova. Os dirixentes imputados non son os unicos responsábeis do buraco milmillonario, a corrupción e o branqueo

+info

16/12/2019

Lugo de Cara o Miño, plataforma da que forma parte ADEGA, presenta as súas demandas ao renovado goberno municipal

A plataforma Lugo de Cara o Miño ven de reunirse cos Concelleiros de Medio ambiente e Urbanismo Sostible, co gallo de presentar a plataforma ao novo goberno municipal e de coñecer o estado dos expedientes que afectan en maior grao ao Río Miño.

+info

16/12/2019

A COP25, un novo fracaso na loita contra o Cambio Climático

A COP25 finalizou deixando asuntos sen resolver e sen establecer os mecanismos suficientes para acadar o Acordo de París do 2015. Nesta nova analizamos as decisión adoptadas e poñemos en valor a mobilización social que acompañou ao cumio oficial.

+info

12/12/2019

A Xunta e o concello das Pontes teiman en que ENDESA siga a contaminar

Un artigo de Ramón Varela, ex-presidente de ADEGA

Galiza soporta unha contaminación moi por riba do que lle cadraría por superficie xeográfica, poboación, grao de industrialización.... Mentres, outras partes do Estado son privilexiadas porque sen aturar a contaminación consomen a electricidade

+info

11/12/2019

Crónica da mesa redonda sobre a custodia urbana na Universidade da Coruña

O pasado mércores 27 de novembro celebramos na Universidade da Coruña (UDC) unha mesa redonda sobre as oportunidades da custodia do territorio urbano para a recuperación de espazos.

+info

05/12/2019

Para autorizar unha mina a Xunta ignora os seus propios informes e confía na palabra da empresa

Este xuño a Xunta emitíu DIA favorábel para a mina de ERIMSA en Mesía. Fíxoo apesar dun informe de Medio Rural que "rexeitaba o proxecto con rotundidade". Agora soubemos que MR emitíu un segundo informe favorábel no que fía todo á palabra da empresa

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal