28/07/2020
ADEGA e Ríos con Vida, veñen de lembrarlles á corporación municipal de Lugo que perto de 400Kms de treitos fluviais están sen grafar no 5% do PXOM pendente de aprobación e que poderían atoparse en risco ante o desenvolvemento urbanístico proposto.
23/07/2020
Colectivos ciclistas e ecoloxistas, entre eles ADEGA Vigo, lanzan unha campaña para fomentar o uso da bicicleta nos desprazamentos á praia en Vigo
09/07/2020
É costume en tempo eleitoral facer balanzo do período vencido repasando as principais actuacións do labor de goberno ou oposición. A cidadanía e as organizacións sociais tamén debemos avaliar se non en continuo, cando menos cada 4 anos, o acontecido.
02/07/2020
Durante o mes de xullo, haberá un obradoiro de cociña solar, un obradoiro de papaventos, unha andaina percorrendo a historia da auga en Lugo, e a visita a unha olería.
02/07/2020
O Concello de Carballo, por segundo ano consecutivo, bota a andar o proxecto “Eu Quero Razo - Baldaio” no que participa ADEGA realizando diversas actividades de voluntariado ambiental
30/06/2020
Hoxe pecha a segunda instalación industrial de Galiza con maiores emisións de CO2, despois da térmica das Pontes. O movemento ecoloxista, a través de"Galiza, un futuro sen carbón" celébrao como un importante logro na loita contra a mudanza climática
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal