ADEGA

ADEGA Nacional

Formulario de busca
06/06/2018

Informes sectoriais da Xunta subliñan graves riscos para a saúde e o ambiente do chafalleiro proxecto de Touro

Risco de contaminación das traídas, dos acuíferos, da atmosfera, de derrubamento... incompatibilidade co aproveitamento gandeiro, forestal... e unha manchea de carencias e inexactitudes, son algunhas das eivas que apontan os departamentos da Xunta

+info

04/06/2018

Augas de Galiza confirma a contaminación de todos os ríos arredor da mina de Touro-O Pino

Augas de Galiza vén de achegar analíticas de toda a bacía fluvial na contorna a mina de Touro-O Pino, confirmando o xa apontado por ADEGA nas súas análises: hai contaminación das augas por metais pesados 65 km2 arredor da antiga mina

+info

01/06/2018

Planta de reciclaxe de orgánicos de Teo: economía circular ou vertedoiro encoberto?

As numerosas deficiencias deste proxecto fan pensar que se trata novamente de aproveitar un espazo degradado -a antiga canteira de Caslonga- para vertedoiro, como nos casos de Grixoa, Ordes, Trazo, Lousame...

+info

23/05/2018

Compostaxe 1, vertedoiros 0: Denegada a autorización ambiental para o macrovertedoiro de Lousame!

A Xunta vén de formular DIA negativa do macrovertedoiro de Lousame, unha instalación para soterrar 1 millón de ton. de residuos ás portas da ría de Noia. Esta era unha das metástases da ateigada e insustentábel SOGAMA, mais onde aparecerá a próxima?

+info

03/05/2018

20 anos despois de Aznalcóllar, outro desastre mineiro pode repetirse en Andalucía e Galiza

Cumpríronse 20 anos do desastre Aznalcóllar que provocou o vertido de 5 millóns de m3 de augas tóxicas. A reactivación dos proxectos mineiros de Riotinto e Touro, ameaza novamente á bacía do Guadalquivir (Riotinto) e a ría de Arousa (Touro).

+info

25/04/2018

Sermos-ADEGA nº 15: Reabrir a mina de Touro? Sentenza de morte para o Ulla!

Unha mina a ceo aberto e que ocuparía sete millóns de metros cadrados en Touro e O Pino. Beneficio para Atalaya Mining, unha multinacional con tres patas, en Singapur, China e nos Estados Unidos, e máis contaminación para as augas e para a riqueza pesquei

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal