09/06/2021
Esta segunda feira mantivemos unha xuntanza de traballo coa Valedora do Pobo para reclamarlle amparo fronte á enxurrada de parques eólicos e en defensa do dereito da cidadanía ao medio ambiente e á información e participación pública.
08/06/2021
Hoxe, 8 de xuño, Día Mundial dos Océanos, ADEGA e o Concello de Ribadeo colaboraron nunha xornada organizada pola Área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo, na que se limparon dúas praias de Ribadeo
07/06/2021
Galiza contribuíu dun xeito significativo ao Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica, que vén de acadar e superar o importe inicialmente estimado para a recadación colectiva.
03/06/2021
Na quinta é última das mesas redondas do ciclo “Proxectos eólicos e os seus impactos na Galiza” participaron as forzas políticas con representación na nas institucións galegas para expoñer as súas posturas ao respecto do actual modelo eólico.
03/06/2021
Máis de 130 colectivos, plataformas e entidades galegas de todo tipo botaranse este sábado 5 de xuño ás rúas de Compostela para expresar o seu rexeitamento contra a invasión eólica de Galiza.
27/05/2021
ADEGA reclama unha vez máis que as lamas do fondo do encoro da Capela se traten en terra para evitar novos episodios de contaminación e se restaure toda a bacía
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal