ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / ADEGA, entre as pioneiras en estrear un dominio...

22-07-2014

ADEGA, entre as pioneiras en estrear un dominio PuntoGal este 25 de xullo: adega.gal

A asociación PuntoGal fixo públicos hoxe os primeiros 93 dominios (pioneiros) que estrearán o PuntoGal este 25 de xullo, entre eles ADEGA. A transición ao adega.gal farase paseniñamente para manter plenamente operativos todos os nosos servizos.

ADEGA é a única asociación ecoloxista escollida para participar nesta primeira fase de lanzamento do dominio PuntoGal, chave para a visibilidade da cultura e da realidade de Galiza na internet. Os denominado "programa Pioneiros" tratará de dar visibilidade ao novo dominio galego através das entidades máis sobranceiras e con maior implantación nos diversos eidos da nosa sociedade. Serán o mascarón de proa do dominio galego até que en decembro deste ano, o PuntoGal abra a fase de libre solicitude.

Dende xa comezaremos co proceso de migración do actual adega.info ao novo adega.gal. Dado o volumen de información (3 webs e 4 subpáxinas) e os numerosos servizos de mansaxería e correo asociados, a transición completa demorarase algunhas semanas. A todos os socios e socias así como aos usuarios da nosa web, pregámosvos comprensión para que a transición se realice de xeito satisfactorio e á maior brevidade.

Grazas a todos e todas e mil primaveras para o PuntoGal!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal