ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Hoxe é o Día SEN bolsas de PLÁSTICO. Actuemos!

03-07-2014

Hoxe é o Día SEN bolsas de PLÁSTICO. Actuemos!

“Bolsa, queres?” Despois de pasar os nosos artigos da compra, o caixeiro pregúntanos, en realidade, se queremos intoxicar as tartarugas de mar, matar as baleas e os paxaros, contaminar o medio, etc. Como chega  unha bolsa a facer tanto dano?

O proceso de fabricación do plástico en si xa é moi pouco  saudábel (lembramos que provén do petróleo). Moitas veces a bolsa non se recicla, queimase (difundido partículas perigosísimas no ar) ou deposítase nun vertedoiro a ceo aberto (o vento encargándose de levala ao río, e o río ao mar). O 80% do lixo mariño é plástico e tarda entre 100 e 500 anos para descomporse.

Ti comerías plástico? Pois os demais seres vivos tampouco..! Confúndeno cun alimento comestible. E nós tamén cando comemos o peixe que inxeriu as minúsculas partículas de plástico..porque  claro formamos parte da cadea. De feito mira, esta gaivota ten unha mensaxe para nós: e non imos lela nun papel gardado nunha botella de cristal senón directamente do seu estómago.











“Bolsa, non, gracias!”

Hai alternativas.

Hai que parar a cadea das bolsas de plástico comezando por non usalas. Como consumidores que somos, este é o poder que temos para que non se produzan tantas. De feito, países como Italia, Bangladesh e Ruanda xa as prohibiron. En vez delas podemos utilizar bolsas de tea, de papel reciclado, ou no último caso de plástico pero que se poidan usar de novo.

Actuemos!

Para denunciar o uso das bolsas de plástico e reivindicar un cambio xa, podemos por exemplo ir mercar levando unha bolsa cun lema nela como: O plástico mata! Morte ao plástico! Viva o plasticidio!

Sacarnos fotos con esta bolsa acompañados duns políticos, persoas famosas, diante dos supermercados, e logo mandalas a esta web : www.plasticbagfreeday.org e así participar nesta campaña mundial do día sen bolsas de plástico! Hai máis ideas de accións nesta web. Finalmente podes compartir a información e actuando no día a día porque realmente tódolos días deberían de ser sen bolsas de plástico ou mellor aínda SEN PLÁSTICO!

Marie Lacassagne, vogal de consumo responsábel de ADEGA

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal