08-11-2021
Esta fin de semana celébranse as xornadas sobre o legado patrimonial e ambiental dos muros tradicionais
Esta fin de semana ADEGA organiza unhas xornadas no Concello de Muras para dar a coñecer o patrimonio cultural e ambiental galego, sendo os muros en pedra seca elementos característicos das paisaxes cercadas, e pezas de gran importancia na conservación da biodiversidade. As diferentes tipoloxías e materiais, propios de cada zona, conforman a nosa paisaxe e identifica os usos tradicionais do solo, sendo a técnica de construción de pedra seca Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade segundo a UNESCO.
As actividades distribúense en dúas xornadas matinais:
Sábado 13 de novembro (Concello de Muras): 09.00 Saída do autobús dende Maxisterio (Lugo)
- 10.30 Seminario no Local Social (Rúa Enrique Guzmán, Muras) “Aproximación ao patrimonio cultural e natural dos valados, na paisaxe da Reserva da Biosfera Terras do Miño”. Participan Mercedes Máquez, Grupo de investigación da escola galega da paisaxe Fundación Juana de Vega; Ricardo Polín, Doutor e investigador dos camiños históricos; Xoán Ramón Vidal Romaní, Instituto universitario de xeoloxía da UDC e Ramsés Pérez, de ADEGA
- 12.30 Roteiro interpretativo.
- 15.00 Xantar de convivio no local Social
- 17.00 Volta do autobús
Domingo 14 de novembro (Concello de Muras) - 9.00h Saída do bus dende Maxisterio (Lugo)
- 10.30 Obradoiro formativo de reconstrución coa técnica de xunta seca, dun muro situado no Camiño das Ucheiras no Concello de Muras. Contaremos co artesán José Luis Canteiro que nos ensinará a preparar e colocar a pedra. Prazas limitadas a 20 persoas
- 15.00 Xantar de convivio no local Social
- 17.00 Volta do autobús Haberá servizo de autobuses de balde dende Lugo e petiscos ao rematar as actividades.
As persoas que queiran asistir as xornadas teñen que rexistrarse
antes do xoves 11 a través do formulario (bit.ly/xornadasvalados).
Estas xornadas están organizadas ao abeiro da Subvención da Reserva da Biosfera Terras do Miño para o desenvolvemento de actuacións de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico deste territorio na anualidade 2021.
Ligazóns