ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / ADEGA participa por segundo ano no Proxecto "Eu...

02-07-2020

ADEGA participa por segundo ano no Proxecto "Eu Quero Razo Baldaio"

Este proxecto pretende crear hábitos de turismo consciente no litoral de Razo-Baldaio. ADEGA, Hábitat e Senda Nova son as entidades que  desenvolverán as accións relacionadas coa sustentabilidade da costa. O Concello e as entidades colaboradoras neste proxecto buscan a valorización da contorna co obxectivo de que canto máis se coñeza máis se respecte. Ademais das accións propostas por estas entidades, desde o propio Concello tamén se programan outras actividades co mesmo obxectivo, nomeadamente referidas á problemática dos plásticos e microplásticos.

Os mércores e sábados dos meses de xullo e agosto, as tres entidades realizarán un programa de actividades que se pode consultar na seguinte ligazón: Programa 2020

ADEGA vai desenvolver un programa de actividades na liña do traballo que xa estaba a realizar na zona e na costa galega, nomeadamente na Costa da Morte. En xullo realizaremos 2 xornadas de mañá de identificación de flora invasora, así como unha xornada de eliminación dando continuidade ás accións do ano anterior.
Xa en agosto realizaranse 2 Limpeza de praias facendo especial fincapé no tema dos plásticos e os microplásticos.
En colaboración co Dpto. de Botánica da Facultade de Farmacia, traballarase unha ruta polos proxectos de Microrreservas de Flora na Costa de Razo-Baldaio. Esta actuación pretende dar continuidade á Rede de Microrreservas de Flora na Costa da Morte, que xa se iniciou no concello de Fisterra coa creación de cinco microrreservas.
Como novidade este ano pódense consultar os materiais elaborados para as diferentes actividades que se poden consultar na web:
Guias de Actividades

O mércores 8 de xullo realizarase a primeira actividade: Identificación de especies invasoras. Pódeste inscribir xa na seguinte ligazón:
Actividade 8 de Xullo


As actividades desenvolverase seguindo as oportunas medidas de protección contra a Covid-19, uso de mascara e mantenemento de distancias. ADEGA informará convenientemente ás persoas participantes inscritas nas actividades.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal