ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / Lugo

Lugo

19/10/2020

ADEGA Lugo presenta o programa de roteiros 2020/21: AUGAS VIVAS

Un ano máis, ADEGA Lugo lanza un novo programa de roteiros, esta vez percorreremos as bacías do Miño e do Sil. Comezamos este domingo 25 de outubro no Pedregal de Irimia.

+info

07/09/2020

ADEGA oponse á construción da ponte do Malecón de Monforte, e apoia a elaboración dun rigoroso plan de mobilidade para a cidade

Ante a pretensión por parte do Concello de Monforte da construción dunha ponte sobre o río Cabe, ADEGA considera prioritaria a elaboración dun plan de mobilidade sostible, rigoroso e obxectivo que sustente a construcción deste proxecto.

+info

28/07/2020

ADEGA e Ríos con Vida instan á corporación municipal de Lugo a incorporar no PXOM definitivo todos os ríos e regatos do municipio

ADEGA e Ríos con Vida, veñen de lembrarlles á corporación municipal de Lugo que perto de 400Kms de treitos fluviais están sen grafar no 5% do PXOM pendente de aprobación e que poderían atoparse en risco ante o desenvolvemento urbanístico proposto.

+info

02/07/2020

ADEGA Lugo presenta as xornadas ambientais de verao "Os catro elementos"

Durante o mes de xullo, haberá un obradoiro de cociña solar, un obradoiro de papaventos, unha andaina percorrendo a historia da auga en Lugo, e a visita a unha olería.

+info

21/05/2020

O Clube Fluvial de Lugo aproveitou o confinamento para realizar unha tala en Rede Natura

Moita é a presa que certas institucións se dan para realizar obras durante o confirnamento, é o caso do Clube Fluvial en Lugo, que vén de realizar unha tala no aparcadoiro que hai sobre o río Miño.

+info

11/03/2020

ADEGA cuestiona a construción da Rolda Leste

Ante a previsión por parte da Consellería de Infraestructuras e Mobilidade da construción da Rolda Leste en Lugo, cuestionamos a necesidade e beneficio dunha vía deste tipo, tendo en conta os impactos que vai xerar.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal