ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / Lugo

Lugo

17/05/2019

Decálogo de propostas de ADEGA por un Lugo máis sustentábel coa vista posta nas municipais do 26 de maio

A delegación luguesa da asociación ponse a disposición de todas as candidaturas para dialogar sobre cada unha das propostas

A delegación luguesa de ADEGA vén de dirixir a todas as forzas políticas que aspiran a gobernar a cidade da Muralla a partir do 26 de maio un decálogo de propostas ecoloxistas co obxectivo de introducir a a axenda ecoloxista no debate electoral.

+info

12/03/2019

ADEGA lanza a campaña #SalvemosCovasVale

O primeiro acto da campaña terá lugar mañá xoves, 14 de marzo, coa estrea do documental #SalvemosCovasVale, ás 20.30 horas, no Vello Cárcere de Lugo.

ADEGA, co apoio dos colectivos Cultura do País, Mariña Patrimonio e o Colectivo Patrimonio dos Ancares, pon a andar a campaña #SalvemosCovasVale pola protección efectiva dunhas covas emprazadas no concello de Baralla que están ameazadas por un proxecto d

+info

27/02/2019

Lugo de Cara ao Miño pula por recuperar para uso público a zona de baño do Club Fluvial

ADEGA, xunto con outros colectivos que conforman a plataforma Lugo de Cara ao Miño, veñen de solicitar ao Concello de Lugo que solicite como zona de baño pública o treito do río Miño que hoxe está a ocupar o Club Fluvial.

+info

20/02/2019

ADEGA apremia a Xunta para declare BIC a Cova Eirós

O vindeiro 10 de abril vence o prazo legal para resolver a declaración do BIC

O vindeiro 10 de abril remataría o prazo máximo legal para que a Xunta declare de forma definitiva a Cova Eirós como BIC. ADEGA tomará medidas legais se a Xunta non resolve en prazo o expediente.

+info

19/12/2018

Nace en Lugo unha Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre

Ante os anuncios da Xunta e do Concello de Lugo de adoptar medidas para controlar a poboación de xabarís na contorna da cidade luguesa, varios colectivos, incluída ADEGA, promoven a Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre.

+info

16/11/2018

O Foro do Camiño Primitivo insta á Xunta a reconducir a xestión das rutas xacobeas

Hoxe, 16 de novembro, é o Día Internacional do Patrimonio da Humanidade

No Día Internacional do Patrimonio Mundial, o Foro do Camiño, do que fai parte ADEGA, quere lembrar a realidade actual do Camiño Primitivo de Santiago como patrimonio ameazado e en risco de perder a súa condición de Patrimonio Mundial.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal