ADEGA

Inicio / Proxectos / Couto da Eirexiña

Couto da Eirexiña

O Couto da Eirexiña é un proxecto de custodia do territorio que se establece entre a comunidade de montes en man común da parroquia de Rebordelo, no concello de Cerdedo-Cotobade, e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). A principal finalidade do proxecto, que conta cunha superficie total custodiada de 172,66 hectáreas, é a conservación e a posta en valor do patrimonio natural e cultural de Rebordelo.

Despois da vaga de incendios forestais de outubro do 2017, que afectou aos terreos da comunidade de montes de Rebordelo, o monte veciñal decidiu mudar a súa estratéxia de xestión do monte para focalizala na repoboación con árbores autóctonas e na conservación e posta en valor dos ecosistemas e da biodiversidade presentes no lugar. Para isto chegouse a un acordo de custodia con ADEGA, a través da súa delegación en Vigo, para que a entidade ecoloxista identificase os hábitats a conservar presentes no monte comunal e tomase un papel activo en canto á planificación de actividades de voluntariado e de educación ambiental para fomentar a defensa, a conservación a e a recuperación do patrimonio natural, histórico e etnográfico de Rebordelo.

Deste xeito naceu o proxecto do Couto da Eirexiña, cuxa principal liña de acción céntrase no voluntariado e na educación ambiental, ferramentas esenciais para o coñecemento e a protección do medio natural.

Este proxecto conta coa súa propia páxina web, onde atoparás máis información: https://coutodaeirexinha.gal


Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal