Inicio / Axenda / Outras actividades /
25-05-2019
Para celebrar o Día da Diversidade Natural e Cultural, a Eira da Xoana convida a Fantoches Baj o vindeiro sábado, 25 de maio, para representar "Os romeiros do caracol", inspirada na obra de Antón Fraguas, homenaxeado neste ano no Día das Letras.
24-05-2019
ADEGA apoia a folga estudantil convocada por Fridays For Future para o vindeiro venres, 24 de maio, coincidindo coa convocatoria internacional do movemento.
17-05-2019
ADEGA apoia ás manifestacións de mañá, 17 de maio, Día as Letras Galegas, na defensa da lingua propia. Participa nas marchas que se celebran na túa comarca!
16-05-2019
Anímate a participar nalgunha das accións xa convocadas por Cousa de Raíces ou a organizar unha deseucaliptización no teu monte na Semana do Medio Ambiente. Escribe a cousaderaices@adega.gal antes do 29 de maio!
Do 15-03-2019 ao 24-03-2019
A rede a prol do bosque galego, Cousa de Raíces, da que fai parte ADEGA, propón celebrar o Día Mundial dos Bosques cunha "Deseucaliptización Simultánea" por toda Galiza. Anímate e participa!
A Aliança pela Floresta Autóctone e a COREMA -Associaçao de Defesa do Património- convidaron á rede Cousa de Raíces, da que fai parte ADEGA, a participar nun ciclo de conferencias sobre a situación da Floresta ou Bosque autóctono do país veciño.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal