Inicio / Axenda / Outras actividades /
18-10-2019
O vindeiro venres, 18 de outubro, ADEGA participará nunha Xornada de reflexión e divulgación organizada polo Observatorio Galego de Educación Ambiental no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) de 10 a 14 horas.
Do 17-10-2019 ao 18-10-2019
Composta en Red é unha coordinadora de entidades locais de todo o estado que desenvolven experiencias de compostaxe doméstico e comunitario, da cal formamos parte. Este ano asistiremos ao IX Seminario en Valladolid os días 17 e 18 de outubro.
16-08-2019
ADEGA colabora coa Feira solar e Crise Climática que terá lugar este venres, 16 de agosto no parque municipal das Casas da Mariña, en Narón. Organiza: Asoc. Os Picos do Sol e colabora tamén Extinction Rebellion.
11-08-2019
O vindeiro domingo, 11 de agosto, a Fundación Eira e ADEGA, xunto coa Asociación Cultural O Galo, celebrarán unha homenaxe na Eira da Xoana a Primo Castro Vila, alcalde republicano de Agolada nos anos 30 do século pasado, represariado polo franquismo
11-08-2019
Este domingo pola tarde a Eira da Xoana celebrará o 1º Encontro da Irmandade no que recoñecerá a todas as xentes que dalgún xeito colaboraron e participaron neste proxecto. O acto será aberto ao público xeral.
Do 29-06-2019 ao 30-06-2019
GEAS convídanos ás Xornadas para a Avaliación do Estado de Conservación dos Anfibios e Réptiles galegos, que se desenvolverán a última fin de semana de xuño no Centro de Interpretación do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal