ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Concentración Eólicos Así...

09-01-2022

Concentración Eólicos Así Non en Cerdedo-Cotobade

Acode o próximo domingo, 9 de xaneiro, ás 12:00 horas, á Praza do Concello de Cerdedo-Cotobade, onde terá lugar unha concentración en repulsa aos 14 proxectos eólicos previstos neste municipio. ADEGA apoia esta mobilización, xunto coa plataforma local Así Eólicos Non e que foi convocada polo concello.

O último proxecto eólico que está en exposición pública, o PE dos Cotos, afecta especialmente á comunidade de montes veciñais de Rebordelo, na que se desenvolve o proxecto de custodia ambiental Couto da Eirexiña, impulsado por ADEGA e a comunidade de monte veciñal en man común do Rebordelo.

Este venres, 7 de xaneiro, haberá unha reunión previa no Pavillón de Carballedo cos representantes municipais, comunidades de montes, asociacións veciñais e veciñanza en xeral.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal