ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Xornada Formativa do Proxecto Rios (Ponteareas)

03-10-2026

Xornada Formativa do Proxecto Rios (Ponteareas)

Durante as campañas de inspección de ríos o Proxecto Ríos desenvolve cursos de formación para fornecer ao voluntariado participante na metodoloxía de recollida e na identificación de macroinvertebrados, animais bioindicadores que empregamos para determinar a calidade ecolóxica do río.

O curso de formación que faremos en 2026 na Demarcación Hidrográfica do Miño Sil realizarase no Centro Cultural Cotarel, Arnoso, Ponteareas, o sábado 3 de outubro.
No curso adicaremos unha parte ás posibilidades da Custodia fluvial en Galiza e posteriormente realizaremos unha sesión teótico-practica sobre a metodoloxía de recollida de mostras e identificación das diferentes familias de macroinvertebrados.

O Programa provisional é:

10:15 Recepción
10:30 Charla-debate: A custodia fluvial. As súas posibilidades en Galiza.
11:30 Descanso
12:00 Saída ao río e mostraxe de macroinvertebrados
13:30 Clausura do curso

Se estás interesado/a en participar, anótate!

Cubre o formulario de inscrición

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal