ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / XV Limpeza Simultanea de Praias

18-10-2026

XV Limpeza Simultanea de Praias

O próximo 18 de outubro celebraremos a XV Limpeza Simultánea de Praias, unha nova oportunidade para unir forzas e actuar fronte á contaminación mariña.Cada ano centos de persoas saen ao litoral para demostrar que, coa implicación da cidadanía, podemos contribuír a conservar as nosas praias e facer visible un problema que nos afecta a todas e todos. Máis alá da recollida de residuos, esta xornada é unha chamada á acción e á reflexión sobre a necesidade de eliminar o lixo que acaba no mar.


A convocatoria está aberta a asociacións, centros de ensino, concellos, colectivos e a todas aquelas persoas que queiran organizar ou participar nunha limpeza. Canta máis xente se sume, máis forte será a marea en defensa do noso litoral.


Queres organizar unha limpeza? Escríbenos a itziar@adega.gal indicando:

  • O nome co que queredes aparecer no cartel (ex.: Asociación Ecoloxista ADEGA).
  • O concello e a praia onde se realizará a limpeza.
  • Un contacto, preferiblemente un enderezo de correo electrónico, para incluír no cartel e facilitar as inscricións, no caso de que a actividade estea aberta a outras persoas.
📅 Data límite para inscribirse: 8 de outubro.

Úmate á marea!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal