ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Modelo de recurso para denegación de...

Do 03-06-2026 ao 31-08-2026

Modelo de recurso para denegación de persoa interesada - Mina Touro-O Pino

ADEGA pon á disposición de todas aquelas persoas que o precisen un modelo de escrito de alzada para recorrer a denegación da condición de persoa interesada no expediente da Mina de Touro-O Pino.

Descárgao, cumpriméntao, asínao e preséntao en sede electrónica ou física, en calquera rexistro público, á atención da Conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galiza.

Como presentalo en sede electrónica

  1. DESCARGA o modelo no teu ordenador e cumpriméntao cos teus datos.
  2. Entra na sede electrónica da Xunta, dálle a “A miña sede” e identifícate.
  3. Accede a trámites > solicitude xenérica (PR004a) > tramitar en liña.
  4. Acepta os avisos que aparecerán en xanelas emerxentes.
  5. Comproba os datos xa cubertos, escribe os que faltan e escolle o medio de notificación (electrónico).
    • En “Asunto” pon: Recurso de Alzada
    • En “Expón” pon: Ver documento apegado (Recurso de Alzada)
    • En “Solicita” pon: Ver documento apegado (Recurso de Alzada)
  6. Selecciona o destinatario. Neste caso: Consellaría de Economía e Industria.
  7. Dálle a continuar e anexa o documento de solicitude (ollo! o nome do arquivo non debe conter acentos).
  8. Dálle a continuar e comproba que o teu documento está anexado correctamente.
  9. Asina e envía!

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal