ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Roteiro reivindicativo polo Monte Xalo e acto...

10-05-2026

Roteiro reivindicativo polo Monte Xalo e acto informativo

O Monte Xalo, un lugar único na comarca da Coruña con grandes valores naturais e culturais, está ameazado por un proxecto empresarial que tamén pon en risco potabilidade da auga da Coruña. ADEGA, xunto co Colectivo das Pedras Galladas e a asociacion de Montes Veciñais da Parroquia de Celas, organiza un roteiro para coñecer de primeira man esta zona. Despois do roteiro, haberá un acto informativo sobre o proxecto de central hidroeléctrica reversible que se pretende construír na balsa mineira de Meirama. Esta actividade fora adiada o 15 de marzo pola previsión meteorolóxica

A cita é o próximo domingo, día 10 de maio e é preciso inscribirse para realizar esta actividade:

Formularios de inscripción para participar e anotarse no autobús: https://forms.gle/npBhzS1Tf2YrzuhC7 

Se te desplazas en vehículo própio podes estacionalo na Torre de Celas. Recollémoste sen custo ás 10:15h e unha vez finalizado o roteiro achegarémoste de novo ate a Torre de Celas que será o lugar de xantar.

11h - Pedra Mazafacha: Comezo do roteiro. O percorrido de aproximadamente 11km e dificultade baixa terá unhas 4h de duración, durante os cales visitaremos lugares sinalados deste espazo singular, como pedras, brañas, regos, etc. Faranse varias paradas para falar das historias que agochan os lugares visitados. Tamén pasaremos polo lugar onde se ten previsto construír a central hidroeléctrica reversible de Meirama.

15h - Xantar de Convivencia: Despois do roteiro desprazarémonos ate as proximidades da Torre de Celas, onde temos un espazo reservado no que poderemos xantar sentados e a cuberto. É preciso que cada persoa traia a súa propia comida.

17h - Acto informativo: Será na reitoral de Celas, moi perto do lugar do xantar. Colectivos de veciñanza e dos montes veciñais en man común afectados polo proxecto de central hidroeléctrica reversible de Meirama contarannos en que consite este proxecto e como se verán afectados de levarse a cabo.

Autobús dende Lugo

O autobús sairá as 9h diante da Facultade de Maxisterio, e está prevista a súa volta ás 20h. O prezo do autobus é de 20 €, 15 € para persoas socias e 10€ para estudantes e desempregadas. É preciso facer o pago na conta ES57 2080 5152 5030 4002 2799 antes do día do roteiro.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal