Revista CERNA

Artigos de Mar e litoral. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

Lei de Protección da auga das rías

Manuel Soto Castiñeiras

CERNA Nº 32 - -

Páx. 12-13

O pasado mes de Marzo celebrouse en Vilagarcía de Arousa o Foro Aberto para un Futuro Natural e Productivo das Rías Galegas, que reuniu a máis de trescentas persoas dos máis diversos sectores, desde as universidades ata os sectores productivos ligados ás rías. No foro analizouse o contido do proxecto da futura "Lei de protección da calidade das augas das rías e ordenación do servicio público de depuración de augas residuais urbanas".

A xestión integrada do litoral

Cristina Álvarez Baquerizo, IPAE

CERNA Nº 32 - -

Páx. 14

Neste artigo, a autora fai un breve resumo da importancia da Resolución sobre a xestión intregrada do litoral na UE, aprobada pola Comisión europea o pasado febreiro. Fai fincapé en que para xestionar o litoral dunha forma sustentábel hai que ter en conta todas as actividades, integralas nos instrumentos de xestión, os plans e programas.

Porto exterior de Ferrol

ADEGA - Trasancos

CERNA Nº 32 - -

Páx. 15-17

A especial constitución xeolóxica da Ría de Ferrol fai que teña unha ampla variedade de hábitats. A parte máis exterior, e polo tanto a máis batida polo mar, está constituída por acantilados graníticos que se extenden polo fondo até profundidades de entre 15 e 30 m. Nesta zona podemos atopar un bosco de laminarias que alberga unha rica fauna.

Planta de gas na Ría de Ferrol

Antón Fortuna

CERNA Nº 32 - -

Páx. 18

ADEGA-Trasancos analiza o impacto que suporá a planta de gas de Reganosa na Ría de Ferrol, tendo en conta o contexto socio-político actual.

Novos recheos na Ría de Vigo

María Xosé Vázquez Rodríguez

CERNA Nº 34 - -

Páx. 10-11

Se un habitante da Gallaecia Romana viaxase ó noso tempo e visitase a zona de Vigo, entre o Areal e O Berbés, atoparíase con que non queda nin un centímetro da costa tal e como el a coñeceu. O resto presenta un perfil artificial, modelado por e para o ser humano. Malia os efectos negativos dos recheos realizados, asistimos a unha proliferación de proxectos que supoñen novos aterramentos. O máis inmediato é o proxecto de ampliación do peirao do Areal, no Porto de Vigo, obxecto dunha forte contestación social.

A destrucción do patrimonio ecolóxico da Ría de Ferrol

Prof. Dr. Francisco J. Cristobo

CERNA Nº 35 - -

Páx. 8-12

A Ría de Ferrol alberga unha elevada diversidade biolóxica. Proba diso é que se teñan descoberto nela nada menos que 18 especies novas para a ciencia, o que non ten acontecido en ningunha outra ría galega. A riqueza ecolóxica da ría ferrolá está a perderese por causa das mútliples agresións (contaminación, recheos,...). A máis recente é a construcción do novo porto de Ferrol na área de maior biodiversidade da río, zona excluída da proposta para a Rede Natura 2000 pola Consellería de Medio Ambiente para facilitar a construcción do porto. O xefe da estación de bioloxía mariña da Graña denuncia neste artigo o gravísimo impacto ambiental negativo do porto exterior de Ferrol e a progresiva deteriorización dunha ría particularmente maltratada da que viven moitas familias.

Revista CERNA
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal