Páx. 21-23
O espazo natural de Trambolosríos está situado nos montes da localidade de Castrelo de Abaixo, no Concello de Riós, e fai límite ao leste co Parque Natural Portugués de Montezinho. A imponente paraxe xérase pola xuntanza das axitadas augas dos ríos Mente e Arzoá nunha zona de pronunciadas ladeiras soalleiras nas que se atopan cortados fluviais de lousas e xistos. É unha das zonas máis meridionais de Galiza, cunha climatoloxía mediterránea de montaña, traducíndose todo isto nunha chea de ecosistemas moi importantes desde o punto de vista paisaxístico e ecolóxico.
Páx. 32-33
O monte e a Lagoa de Louro (ou Xalfas) forman un espazo natural de singular valor localizado no Concello de Muros. Este Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) está integrado na Rede Natura 2000, unha rede de espazos para a conservación dos hábitats e especies máis relevantes da UE.
CERNA Nº 44 - Ríos: non máis encoros
Páx. 21-23
Aínda que Ferrol é unha das localidades máis eucaliptizadas do País, existen porén masas residuais dispersas de bosque atlántico en estado seminatural, predominando os carballos, os castiñeiros, os bidueiros e nalgún caso os acivros. Localízanse nas parroquias ferrolás de Serantes (Fraga de Menáncaro), de Leixa (Fragas da Pega e da Casa do Monte), da Graña (Fraga do Monte Fontelo) e de Covas (Acivreiral das Forzas). Cunha superficie reducida, contribúen a conservar a biodiversidade local e un anaco da paisaxe orixinal, nun municipio fortemente antropizado e cunha nesfasta xestión do territorio. Evitar o seu deterioramento e impedir que os intereses particulares nos priven destes bens comúns requere que o Concello de Ferrol decrete urxentemente a súa protección. Neste artigo apresentamos unha descrición das fragas residuais ferrolás e dos problemas que afectan á súa conservación, xunto coas actuacións de ADEGA-Trasancos para protexelos.
CERNA Nº 45 - Entrevista e Manuel Vázquez conselleiro de Medio Ambiente
Páx. 26-28
O Courel é recoñecido coma un dos territorios con máis biodiversidade de Galiza. Estes últimos anos, malia as diversas leis de protección coas que conta, estase á levar a cabo dentro dos seus límites unha "política agochada" de despoboamento interesado e desfeita ambiental, co único fin de promover a proliferación de empresas que non procuran outro fin que incrementar o rendemento económico. Algunhas destas operacións, son aquelas vinculadas á extracción de lousa. Analizamos este caso.
CERNA Nº 45 - Entrevista e Manuel Vázquez conselleiro de Medio Ambiente
Páx. 34-36
A degradaçon das Gândaras de Budinho acelera-se a partir dos anos sesenta, coincidindo co retroceso agrícola e a crescente ocupaçon industrial do vale do río Louro. O processo continúa hoje, a pesar da incluson en 1999 deste espaço na proposta galega para formar parte da Rede Natura 2000 e ser Zona de Especial Protecçom dos Valores desde 2003.
CERNA Nº 45 - Entrevista e Manuel Vázquez conselleiro de Medio Ambiente
Páx. 12-13
Unha vez máis o LIC Catedrais vese ameazado por mor dos incumprimentos das xestións necesarias para abordar as áreas recoñecidas dentro da Rede Natura 2000. Así, para os responsables de Medio Ambiente, ocupar 42.000 metros cadrados cun edificio administrativo de dúas plantas e unha batería de piscinas destinadas a engorde de polbo e rodaballo non é un defecto apreciábeñ, aínda que se trate dun LIC costeiro de reducida extensión. Analizamos en profundidade este caso.