Páx. 12
O plan de selado e clausura de minas antigas e abandoadas ameaza a súa conservación. A empresa adxudicataria do estudio previo do plan da Xunda de Selado e Clausura de Minas Antigas e Abandoadas ignorou totalmente a cuestión de conservación dos morcegos.
Páx. 14-15
O carballo (Quercus robur L.), tralo piñeiro do país, é a segunda especie máis abundante de Galicia. Sen contar as superficies onde se mestura con piñeiros e eucaliptos, está presente, de xeito dominante en 195.000 hectáreas, segundo o 3º Inventario Forestal Nacional. Nos últimos 10 anos a súa superficie aumentou en 158.318 hectáreas xunto coas demáis frondosas autóctonas de Galicia.
Páx. 33-34
Entre muitas funcións do bosque dende sempre destacou a de seren o celeiro onde recoller a leña necesária para facer o xantar ou quecer-se no inverno. Perante a actual situación de crise enerxética, a leña poderia-se converter nun combustíbel alternativo aos combustíbeis fóseis. É un recurso renovábel e poderia contribuir á limpeza e aclarado dos nosos montes, asi como ser unha fonte de traballo e riqueza para o rural. Perguntar-se de onde procede a leña e como se cortou, son algunhas cuestións a responder para que os bosques que nos quedan non se nos vaian das mans ou pola cheminea.
Páx. 16-17
O freixo é unha árbore autóctona marxinada pola política forestal autonómica que posúe unha madeira moi aprezada no mercado polas súas excelentes cualidades tecnolóxicas. Pódese plantar nas beiras dos ríos e nas valgadas profundas e húmidas. Se se planta de forma espallada ou se demouca (córtase periodicamente a 2-3m de altura), dá lugar a devesas ("dehesas") onde é posíbel un interesante aproveitamento mixto gando-madeira. Éste é un uso tradicional en zonas como León que resulta acorde coa tendencia a extensificar a gandería.
Páx. 18
No momento actual existe unha crecente sensibilidade cara o meio que nos rodea. O cidadán, sexa ecoloxista ou non, estase a dar conta de que os recursos naturais non son inesgotabeis, de que o contorno e o ecosistema vanse deteriorando paulatinamente sen que individualmente se poida realizar ningunha acción directa para evitalo, aínda que algunhas accións axuden a correxilo.
Páx. 11- 13
A chaira da Limia foi ata hai uns 40 anos un grande complexo húmido constituído pola Lagoa de Antela e diversos asolagamentos temporais, interconectados por cursos fluviais e rodeados por unha paisaxe agrosilvopastoral en mosaico. En anos de condicións hidrolóxicas normais só a lagoa tiña unhas 3.500 - 4.000 Ha en invernía. Nas zonas húmidas existía unha grande variedade de hábitats: augas libres de pouca profundidade (2-5m), augas con vexetación acuática flotante e emerxente, veigas asolagables con herbáceas ou mato ralo,.... A paisaxe agraria era tamén un mosaico de terras cultivadas e pasteiros con sebes arborizadas e arboredas autóctonas espalladas. A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) elaborou unha proposta que pretende a recuperación integral da Limia, a restauración do seu excepcional patrimonio ambiental.