Páx. 8 - 9
Estas dúas comarcas situadas nas serras orientais de Galiza contan cun patrimonio natural de gran valor, é por iso que se comezou a pensar en ampliar a protección do lugar que xa é reserva da biosfera e convertelo en parque natural. Máis non semella doado posto que as persoas locais non mostran un decidido apoio, sobre todo nos Ancares onde se fixo una plataforma en contra desta medida, ademais os partidos políticos comezaron unha disputa acusando unhas institucións as outras con fins electoralistas e provocando así un maior descontento que nada axuda a constitución deste espazo natural tan necesitado de protección.
CERNA Nº 58 - Crónica: O incerto futuro de ENCE en Galiza
Páx. 32 -33
Na Casa grande de Xanceda, unha explotación de vacún de leite ecolóxico, e tras sufrir o ataque dos lobos, puxeron en marcha medidas para previr futuros ataques, que producen unha perdas que a administración non compensa nin nun 10%. As novas medidas que puxeron en práctica son valados, chocas que tiveron unha forte uso tradicional pero estaban desaparecendo, adquisición de cans mastíns e finalmente e máis innovador a introdución de burros no rebaño, os burros o criarse co gando senten a necesidade de defendelo e lonxe de escapar atacan o lobo, esta é unha técnica usada en outras partes do mundo e que agora pode ter futuro en Galiza
CERNA Nº 58 - Crónica: O incerto futuro de ENCE en Galiza
Páx. 36 - 37
A crecente sensibilización da cidadanía pola cuestión ambiental ten levado a moitas persoas a interesarse polo medio natural e a participar en accións encamiñadas á súa defensa e estudo. As persoas afeccionadas á natureza poden ter unha importante tarefa, alén do goce e satisfacción persoal, especialmente se esa paixón se dirixe cara a proxectos serios, estábeis e onde os resultados fagan visíbel a súa colaboración. A simbiose entre especialistas e neófitos, como as que se dan na natureza, poden ser dar resultados beneficiosos para todos, especialmente para o ambiente. As novas tecnoloxías axudan nesta tarefa e posibilitan aínda máis esta colaboración.
CERNA Nº 59 - Mar: do litoral ás profundidades
Páx. 12 - 14
O ecosistema dos fondos profundos mariños é un dos grandes asuntos pendentes da investigación científica. Aínda que este tipo de investigacións xa teñen un certo percorrido de dous séculos, as inversións e os estudos que se realizan son escasas, aínda que cada vez maiores . Un exemplo é que en Galiza contamos co barco “Sarmiento de Gamboa”, considerado o máis moderno de Europa, e con centros de investigación tales como a Estación de Bioloxía Mariña da Graña, pertencente á USC. Xandro García levaranos da man nun percorrido pola Historia destas investigacións, o motivo do pouco coñecemento deste ecosistema, os métodos de investigación e por último, pero non menos importante, as características ecolóxicas dos fondos e mais a súa conservación.
CERNA Nº 61 - Lei do solo: Legalizar a especulación
Páx. 23
O 24 e 25 de abril celebrouse en Oleiros, no Castelo de Santa Cruz, o III Encontro sobre o lobo galego, organizado por ADEGA e o CEIDA.Desta volta, os relatores foron Luis Llaneza, redactor do Plano de Xestión do Lobo en Galiza; Roberto Hermida, biólogo da USC e estudoso da morfoloxía do animal e José Luis Santiago e Javier Franco, técnicos do Concello de Puebla de Sanabria. Na mesa redonda sobre a situación actual da problemática do lobo participaron membros do sindicato Xóvenes Agricultores, da asociación OVICA, a Cooperativa Monte Cabalar, a Asociación de Gandeiros de San Martiño de Oleiros (Barbanza) e o xefe do servizo de conservación da biodiversidade, Xesús Santamarina, en representación da Administración. Na última xornada houbo unha visita guiada ás instalación de Marcelle Natureza (Outeiro de Rei) e realizouse un roteiro polo Incio, á cargo da asociación cultural “A Ouriceira”.
CERNA Nº 61 - Lei do solo: Legalizar a especulación
Páx. 24 - 26
O corvo mariño é unha especie en perigo de extinción, que abunda nas costas atlánticas, pero que dende finais da década dos noventa até o 2007 perdeu o 50% das parellas reprodutivas en Galiza. Este descenso tan grande pode ter varias explicación. Por unha banda, as artes de pesca que se utilizan na zona diminúen as cantidades de peixe das que se alimenta a especie e tamén provocan que algúns individuos queden atrapados nas redes mentres pescan. Por outra banda o Prestige diminuíu moito as poboacións dos peixes que viven nos fondos lamosos e areosos e que son tamén parte da dieta do corvo mariño. Por último, e a causa que precisa unha solución máis urxente é a chegada de carnívoros terrestres invasores como gatos domésticos, zorros e sobre todo o visón americano, cunha gran capacidade para nadar, que lle permite chegar as illas máis afastadas da costa.