CERNA Nº 54 - Viaxe ao Bidueiral de Montederramo
Páx. 21 - 22
As marismas son áreas do litoral, inundadas periodicamente polas augas do mar e pola descarga da auga que procede dos ríos. Debido as características tan particulares das marismas, a vexetación que alí nace ten que adaptarse a condicións extremas debido á salinidade da auga e á exposición e ao ambiente despexado e moi iluminado no que habitan. A disposición da vexetación configúrase por bandas tendo en conta o nivel de salinidade da auga e o substrato no que se asentan.
Páx. 42 - 45
Os insectos e os artrópodos (arañas, crustácesos...) son dos grupos faunísticos máis extensos, polo que o seu estudo é imprescindible. A cantidade de insectos e artrópodos existentes fai que a súa catalogación e conservación sexa complicada, e que cada día se descubran novos tipos sen catalogar. Tan só en Galiza estímase coñecer menos do 10% dos insectos que a poboan. Todo este traballo recae na entomoloxía, e lamentablemente, os medios dos que se dispoñen son moi escasos, o que favorece aínda máis ao descoñecementos destas especies.
Páx. 43 - 45
Os morcegos non gozan de boa fama na cultura galega, esa pode ser unha das razóns polas que hai tanto descoñecemento sobre estes animais, nin sequera a nivel científico se poden responder preguntas simples sobre estas especies. Inda que nos últimos anos se foi avanzando no seu estudo, descubrindo que son especies frecuentes en Galiza, que a conservación destes depende en bos medida dos refuxios e ribeiras fluviais ou que é preciso facer un esforzo específico para coñecer a distribución bioloxía e o estado de conservación das especies máis discretas.
Páx. 48 - 49
A praia da Corna, nos límites dos concellos de A Pobra do Caramiñal e Ribeira, alberga un dos campos dunares máis importantes e ata fai pouco mellor conservado do Norte da Ría de Arousa. Non en tanto, historicamente, este espazo ven sufrindo repetidos impactos que poñen en perigo o seu equilibrio ecolóxico e comprometen a súa conservación. Neste contorno, ADEGA está a desenvolver un proxecto de restauración e conservación que inclúe diversas actuacións brandas, a realizar maioritariamente por voluntariado ambiental, así como outras que son recomendacións para as administracións implicadas.
CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade
Páx. 50 - 51
ADEGA e CEIDA (Centro de extensión e divulgación ambiental de Galicia) conseguiron reunir o 8 de novembro no Castelo de Santa Cruz de Oleiros a máis dun cento de persoas interesadas en coñecer e debater sobre o futuro de lobo en Galiza e sobre o Plano de Xestión que vai impulsar a Xunta proximamente, aínda que se botou en falla a presenza dos responsábeis políticos na materia, que delegaron o convite no persoal técnico. Neste encontra coñecéronse as experiencias doutros plans de xestión do contorno galego, como o de Portugal ou o de Asturias.
CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade
Páx. 56 - 67
A perda da biodiversidade é un dos principais problemas ambientais contemporáneos. A degradación de espazos naturais, a extinción de especies e a perda xenética por causas antrópicas estímase entre 100 e 1.000 veces superior á que se produciría por causas naturais. Aínda que moitas das actuacións para a conservación escapan ás nosas capacidades como cidadán, tamén e certo que podemos contribuír á conservación de especies, espazos e xenes mediante diferentes accións diarias.