Revista CERNA

Artigos de Conservación e biodiversidade. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

As aves necrófagas en Galicia. Perspectiva histórica e actual

Gil-Carrera, A.; Vázquez-Pumariño, X. e Tapia, L.

CERNA Nº 77 - Abonda xa de eucalipto!

Páx. 36-39

Actualmente, en Galicia pódense observar tres especies de aves necrófagas, todas elas pertencentes á Familia Accipitridae(Orde Falconiformes). Dúas delas, o voitre leonado (Gyps fulvus) e o voitre negro (Aegypius monachus), non son reprodutorasa día de hoxe, e compórtanse como especies dispersivas ou migrantes en territorio galego. O voitre branco (Neophron perc-nopterus), pola contra, si é reprodutora estival, se ben é moi escasa e as súas áreas de nidificación están moi localizadas enGalicia. O incremento da presenza dos voitres negro e leonado no noso territorio e a delicada situación de conservación anivel mundial do voitre branco fan necesaria unha revisión do seu estatus de conservación legal en Galicia, así como a apli-cación de medidas activas de conservación e avaliación da evolución destas tres especies.

MINERIA: A minería a ceo aberto ameaza a Serra da Enciña da Lastra

Gustavo Docampo

CERNA Nº 10 - -

Páx. 17-18

O proxecto de explotación dunha canteira de caliza a ceo aberto na Serra da Enciña de Lastra ameaza dito espazo dun xeito claro. O MOPT, a través da Dirección Xeral de Política Ambiental e en cumprimento da normativa vixente, iniciou un período de consultas para a avaliación do impacto ambiental desde proxecto de explotación.

EXPERIENCIAS: Leña nova e xente madura: un exemplo a seguir

Colectivo exoloxista MEL

CERNA Nº 7 - -

Páx. 32

Un proxecto de repoboación modélico levado a cabo por veciños do Concello de Rairiz da Veiga en colaboración co colevtivo MEL. Traballaron a feito para planar preto de 4 mil árboles e con gran sabiduría rexeitaron o que tanto agora está de moda: piñeiros e eucaliptos.

DIVULGACIÓN: O planeta auga

Carlos Rodrígues Brandao

CERNA Nº 5 - -

Páx. 22-24

Artigo sobre o decrecemento do bosque natural da Amazonia e da consecuencias para o medio ambiente en Brasil

MÁIS ACTUALIDADE: Ameaza sobre o mellor bosque autóctono galego; un novo encoro no Eume

Carlos Vales Vázquez

CERNA Nº 5 - -

Páx. 31

ENDESA, propietaria do Encoro de Eume, pretende facer un novo encoro ao pe do actual.

OS PRECURSORES: Manuel Baraja, un ornitólogo preocupado pola conservación da Natureza

Xoxé A. Fraga Vázquez

CERNA Nº 6 - -

Páx. 30-31

Coas súas posicións conservacionistas, Baraja sintoniza coa preocupación dos especialistass máis atentos do momento. Non se lle escapa a este observador o nefasto papel que para a conservación da avifauna supón a incesante caza.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal