Revista CERNA

Artigos de Flora e fauna de Galiza. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

Unha lagarta moi rabuda

Xosé Salvadores

CERNA Nº 62 - O lixo en Galiza: Máis incineración?

Páx. 38

A lagarta rabuda e unha especie característica pola súa longa cola, as súas cores e a súa disposición. Pode ter varias postas dende o mes de abril, que son imprescindibles para garantila súa supervivencia. Para non ser descuberta usa a camuflaxe e se isto non lle funciona a súa morfoloxía permítelle escapar a gran velocidade.

A hedra da andoriña

Mª Xosé Castro e Gemma Pérez

CERNA Nº 62 - O lixo en Galiza: Máis incineración?

Páx. 39

A Celidonium majus. Chelidonea, que quere dicir en grego andoriña é unha herbácea que medra en zonas sombrías, sendo habitual a beira de construcións rurais e valados. Ten uso terapéutico, xa que produce unha sabía capaz de facer desaparecer verrugas e tratar eficazmente durezas ou callos, tamén se lle atribúe unha acción sedante local.

A pezoña pintada

Xosé Salvadores

CERNA Nº 63 - Galiza: Territorio agredido

Páx. 44

A píntega é un anfibio que na cultura popular galega se identificou sempre con un ser maléfico capaz de causar enfermidades so co seu alento ou co seu paso por un lugar, máis lonxe da realidade, pois esta especie apenas nos pode causar a irritación da pel se a manipulamos, debido a unha secreción cutánea que é a súa única defensa.

O marmeleiro

Mª Xosé Castro e Gemma Pérez

CERNA Nº 63 - Galiza: Territorio agredido

Páx. 45

O marmeleiro é unha árbore de tamaño medio que proporciona un froito doce unha vez cociñado, esta árbore medra en zonas de veráns calorosos e invernos longos, e dicir, ten boa cabida nas zonas onde proliferan as vides, extensas areas no sur do noso país. Esta árbore foi adorada por outras culturas do mediterráneo, inda que a súa orixe é asiática.

O Castelo de Pambre agocha un tesouro

Xosé Salvadores

CERNA Nº 64 - O impacto do cambio climático nas rías galegas

Páx. 48

Ata o de agora o Castelo de Pambre é coñecido como mostra do patrimonio histórico e artístico medieval, mais a partires de agora tamén será coñecido como hábitat do caracol de Quimper, hoxe en día en grave perigo de extinción. Ademais, este curioso caracol tivo a sorte de atoparse na Eira da Xoana, casa de ADEGA en Ramil (A Golada), onde se realizaron todos os traballos necesarios para garantir o benestar da especie.

Dente de León

María Xosé Castro e Marga Miguens

CERNA Nº 64 - O impacto do cambio climático nas rías galegas

Páx. 49

Quen non soprou algunha vez as sementes do dente de león para que saísen voando? Pero o dente de león é máis que un entretemento. Trátase dunha planta moi común en que podemos atopar en calquera prado e cunha morfoloxía moi característica. Pero o que ao mellor non sabemos son as cuantiosas propiedades que ten. Este artigo somérxenos nas características e propiedades do dente de león e danos algunhas ideas sobre como utilizar esta singular planta na nosa vida diaria.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal