Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 19 - -
Páx. 2
Desde finais de setembro os veciños e veciñas da parroquia de Merza (Concello de Vila de Cruces) mantéñense mobilizados para impedir as obras de instalación da liña de alta tensión Mesón do Bento-Lindoso a través da parroquia.
Páx. 3-7
O pasado día 9 de outubro tivo lugar na sala Fonseca de A Coruña o que foi o primeiro debate público tras o accidente ocorrido no vertedeiro de Bens, que sacou a palestra pública a grave situación do lixo urbano na Coruña, e por extensión no resto do país. Organizado por ADEGA, participaron no debate Ramón Vidal Romaní, Xosé González Ferreira, Manuel Soto e Oliva Núñez, estando convidados representantes do Concello de A Coruña e de Ferogasa, pero que non asistiron. O escritor Manuel Rivas faría a presentación e a moderación do debate. A asistencia ao acto dunhas 300 persoas puxo de manifesto o interese e a sensibilidade que o tema despertou en A Coruña.
Páx. 8
A precaria situación fitosanitaria das árbores da Alameda de Santiago preocupa á Delegación de Santiago de ADEGA, que hai pouco se dirixiu ó Concello, e así o fixo público nos medios de comunicación, para solicitar a súa intervención para o tratamento das árbores danadas e a adopción de medidas preventivas.
Páx. 9
Cando está a rematar o prazo de dous anos fixado pola lexislación europea para a adaptación da Directiva 94/62/CE relativa a envases e embalaxes, o goberno central ven de presentar no Parlamento Español un proxecto de Lei de Envases e Residuos de Envases que adapta a mencionada Directiva. Non existiu neste tempo consulta previa algunha ás organizacións ecoloxistas, e tampouco se prevé a participación das ONGs de protección da natureza nas diferentes comisións consultivas que contempla a nova lei. O proxecto de lei incorpora á baixa os obxectivos de reciclaxe de residuos de envases fixados pola Directiva Comunitaria, e esquence na práctica os dous primeiros erres de Redución e Reutilización ao tempo que fomenta a incineración baixo o eufemismo de recuperación enerxética.
Páx. 10
A empres OTI-CONSA de Pontevedra presento en febreiro de 1996 á Mancomunidade de Concello de O Morrazo o proxecto "Xestión Integral de Residuos Urbanos: Recollida Selectiva e Tratamento", que plantea como obxectivo a recollida e o tratamento ecolóxico dos RSU, dos lodos da depuradora, de parte dos residuos forestais, e dalgúns residuos procedentes de industrias alimentarias.