Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 20 - -
Páx. 12-13
De madeira dura, flexible e resistente, o teixo foi usado dende hai milenios para diversos usos tanto militares coma domésticos. Debido a súa durabilidade, chegaron ata os nosos días estructuras feitas con dito material e aínda hoxe segue sendo unha madeira moi apreciada. Por tratarse dunha especie vulnerable, require o noso apoio para conservar os exemplares actuais e plantar novas árbores.
Páx. 14-18
Análise do Plano da Xunta para a Xestión de RTPs. O Plano elaborado pola Consellería de Industria e Comercio para o periodo 1996-2000 intenta encadrar as últimas actuacións da Xunta no marco do novo Plano Nacional 1995-2000 sobre RTPs. Isto conseguese só de forma parcial e moi forzada, pois no esencial a liña da Xunta segue unha xestión clásica, baseada nos "tratamentos de fin de tubería", mentres que o último plano estatal incorporou en certa medida o enfoque da prevención.
Dous nos de traballo arreo, balance e debates da asamblea xeral.Tratáronse os seguintes temas: - Presentación- Breve valoración da situación ambiental de Galiza no Bienio 95-96- Informe de actividades- Situación organizativa e novas necesidades- Liñas de actuación futura- Nova Xunta Directiva
Páx. 20-21
Situación actual do coñecemento e nivel de protección da flora rara e ameazada da Galiza.
Páx. 22-24
Xavier Seoane Rivas é un profesor, licenciado en Filoloxía, colaborador de diversas revistas e xornais, pero ademáis é unha das figuras máis relevantes do panorama poético galego contemporáneo. Fálase da súa traxectoria literaria e inclúense extractos das súas principais obras.