Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 47 - Especial:...

CERNA Nº 47 - Especial: S.O.S abellas

Artigos da revista CERNA Nº 47

Rede Natura

Daniel López Vispo

Páx. 4

Para ADEGA a política de conservación debe pasar por manter a integridade dos Lugares de Interese Comunitario (LIC) e pola protección de todos os hábitats, especies de importancia comunitaria. Neste senso, analizamos a falta dunha xestión continuista da Rede Natura 2000. Concretamente a través dos casos da piscifactoría de Rinlo, a Serra do Suido e o viaducto na ría de Noia.

Bidueiral de Montederramo

Xan Carlos Fernández

Páx. 5

O espazo LIC "Bidueiral de Montederramo", localizado no Macizo Central ourensán, no concello de Montederramo, parroquia de Gabín, forma parte da Rede Natura 2000. Este lugar foi escollido pola sociedade mercantil TECSAGES S.L. para instalar unha explotación cinexética intensiva concibida como couto de caza pechado cun valado metálico e vixiado dende torres e cámaras.

O castro de Elviña

Henrique Niño Ricoi

Páx. 8-9

Ao longo dun itenerario polo castro de Elviña, podemos observar tres tipos distintos de vexetación: Vexetación nitrófilo-ruderal, Vexetación rupícula e Matogueira. Xunto con estas formacións vexetais tamén atopamos algunhas árbores, illadas ou en pequenos grupos, destacando un grupo de eucaliptos no alto do castro.

Os fundamentos da ILP

Belén Rodríguez, Suso de Toro, Alba Nogueira, María Xosé Vázquez, Daniel Lópaz Vispo, outros.

Páx. 10-16

A Xornada en defensa dos ríos galegos celebrada o pasado 28 de Xaneiro en Santiago, organizada pola Comisión promotora da Iniciativa Lexislativa Popular en defensa dos ríos, serviu para expoñer publicamente a precaria situación das concas galegas desde diferentes perspectivas. Nela participaron representantes do eido político, científico, ecoloxista e cultural de Galiza que apoiaron abertamente o texto da ILP, debatido posteriormente no Parlamento Galego.

O debate no Parlamento Galego

Belen Rodríguez, Suso de Toro, Alba Nogueira, María Xosé Vázquez, Daniel López Vispo, outros.

Páx. 16-18

O pasado 21 de Febreiro o Parlamento de Galiza aprobou a toma en consideración da Iniciativa Lexislativa Popular para a protección, conservación e mellora dos ríos galegos, avalada por perto de 40.000 asinantes das galegas. Obtivo 38 votos a favor dso grupos políticos que rexentan o goberno, PSOE E BNG, e 35 votos en contra dos deputados do PP.Despois de case un ano desde que se puxera en marcha a Iniciativa Lexislativa Popular en defensa dos Ríos pola Comisión promotora, formada por máis de 30 colectivos entre ecoloxistas, sindicatos, formacións políticas e empresariais, a ILP é aprobada polo Parlamento.

As abellas de Galiza en perigo

Xesús Asorey

Páx. 20

Na actualidade o sector apícola galego está á sufrir unha forte crise, as abellas desaparecen sen deixar rastro; desde 1998, uns 200 abelleiros deixan ás abellas cada ano. A Asociación Galega de Apicultura (AGA), baixou de 1.400 socias no 1998 a algo menos de mil nestes último tempos. Despois de diferentes estudos noutras partes do mundo, consideramos que na Galiza, a causa desta desfeita é a mesma: o uso incontrolado de pesticidas.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal