Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 54 - Viaxe ao...
Páx. 11
Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente Cerna algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando Recursos Cerna. Consulta as nosas recomendacións desta edición.
Páx. 13
Crónica sobre a manifestación pola defensa do medio ambiente na Galiza, celebrada o día 17 de febreiro de 2008. Máis de 5000 persoas se manifestaron en Santiago para expoñer o seu malestar ante a forma de explotar os nosos recursos.
Páx. 14 - 16
Esta galega declárase amante do coñecemento, da arte, da escritura e de provocar preguntas. Estreouse como escritora co libro "Eu non sei" a mediados dos setenta, época na que tamén nacía a súa face ecoloxista na procura da salvación do Monte de Santa Margarita de A Coruña fronte a especulación urbanística. Desde que fixo a súa tese doutoral sobre a Educación Ambiental, tenta conxugar a súa experiencia científica co seu lado máis artístico para construír o seu discurso ambiental, pretensión que logo derivaría no "proxecto Ecoarte", do que é directora. É doutora en Filosofía e Ciencias da Educación e autora de 20 libros sobre medio ambiente e sobre narrativa e relatos. En 1996 a UNESCO concédelle a Cátedra de Educación Ambiental e Desenvolvemento Sostíbel, que dirixe desde entón na UNED, en Madrid.
Páx. 18
EUROPARC-España é a Sección do Estado español da Federación de Parques Naturais e Nacionais de Europa. É unha organización na que participan as administracións públicas con competencias en materia de conservación da natureza e espazos naturais protexidos (ENP), e constitúe o principal foro profesional no que participan activamente técnicas, xestores e responsábeis destes para elaborar propostas para a súa mellora. Desde que nace, en 1993, desenvolve a súas funcións a través da Oficina Técnica Fundación Interuniversitaria Fernando Gonzáles Bernáldez, o instrumento legal e administrativo que lle dá persoalidade xurídia e que outorga o apoio académico para a toma de decisións na xestión.
Páx. 19
Entrevista a Javier Puertas, técnico EUROPARC-España que nos fala sobre os Espazos Naturais Protexidos e de se é posible combinar a figura de ENP co patrimonio cultural, e cas actividades tradicionais. Tamén fala sobre algunhas iniciativas de desenvolvemento sostible nestes espazos e o papel dos gobernos autonómicos para a consecución destas.
Páx. 21 - 22
As marismas son áreas do litoral, inundadas periodicamente polas augas do mar e pola descarga da auga que procede dos ríos. Debido as características tan particulares das marismas, a vexetación que alí nace ten que adaptarse a condicións extremas debido á salinidade da auga e á exposición e ao ambiente despexado e moi iluminado no que habitan. A disposición da vexetación configúrase por bandas tendo en conta o nivel de salinidade da auga e o substrato no que se asentan.