Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 14 - -

Primavera 1995

CERNA Nº 14 - -

Artigos da revista CERNA Nº 14

O mercado de reciclabeis como materia prima da industria

Arthur J. Riel

Páx. 11-14

Tendencias da reciclaxe en Estados Unidos (2ª Parte). Unha parte moi importante de calquera estratexia de reciclado é a identificación dos mercados para os materiais reciclados que se obteñen nunha MRF ou estación de transferencia.

As perspectivas da agricultura ecolóxica na Galiza

Begoña de Bernardo Niño

Páx. 15-16

Análise da situación actual do sector da agricultura ecolóxica a nivel internacional, español e galego.

A morte dos bosques: problemática do arborado forestal na provincia de A Coruña

Ramón Varela Díaz

Páx. 17-19

A grave contaminación atmosférica no noso país está afectando seriamente o desenrolo e o crecimento das especies forestais. Esta problemática levou a ADEGA a realizar xá nos anos 92-93 un estudo do estado fitosanitario do bosque para o Concello de A Estrada. No ano 94, ADEGA levou a cabo un estudo similar, apoiado pola Diputación Provincial e polo Sindicato Labrego Galego, para toda a provincia de A Coruña.

DOSSIER: Historia e alternativas para os Camiños de Ferro de Galicia

Cerna/Redacción

Páx. 1-8 do dossier

O dossier deste número da revista, centrado na problemática do transporte ferroviario galego, contén os seguintes artigos:- A construcción da rede ferroviaria galega: unha miga de historia, de Joám Carmona- O abandono dunha rede cativa e incompleta, de Vitoria Formosinho- A "T" galega. Unha proposta de alta velocidade para Galicia, de Roberto García Olano- O modelo de ferrocarril que nos propón a Xunta, por Ramón Varela Díaz.

Presente e futuro dos Ancares

Xurxo de Vivero

Páx. 21-23

O principal interés biolóxico dos Ancares está nas fragas e nos cumes, onde podemos atopar especies antropofóbicas, que tiveron que fuxir doutros territorios porque a presión humana os expulsou. O plan de reintroducción do oso pardo de pouco vai servir se non medran as fragas autóctonas e non se controla nelas a presión dun turismo caótico. Sería interesante desconxestionar a zona de reserva e considerar área turística toda a comarca, que ten atractivos suficientes e descoñecidos para moita xente.

Manual para a recuperación de frutais autóctonos (maceira e pereira)

Isabel Torres Yack

Páx. 25-26

No presente artigo, a modo de manual sinxelo, analízanse algúns dos aspectos de maior importancia práctica en relación coa realización de inxertos aplicados á recuperación de frutais autóctonos.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal