Páx. 15- 17
Baixo este epígrafe imos incluir todas as especies do xénero Quercus presentes na Galiza, aínda que algunhas disten moito de poder ser chamadas do nome vulgar no que as queremos clasificar.
Páx. 18
Os incendios como unha gran ameaza para os nosos bosques autóctonos.
Páx. 20-23
Despois dun análise do estado da planta de compostaxe de Mouga, o resultado do informe recomenda o peche da mesma ou a súa reconversión cara a próxima incineradora. A irresponsabilidade de Erpo e dos governantes dos concellos da Mancomunidade, con Narón e Ferrol a cabeza, se non cambian moito as cousas, vai a dar ao trate coa única experiencia real de reciclado na Galiza.
Páx. 19
Unha defensa efectiva do bosque autóctono debe levarse a cabo dentro dunha Política Forestal a longo prazo, pero mentres esta non se elabora, deberíanse adoptar unha serie de medidas urxentes para evitar que continue a disminución das masas boscosas autóctonas e atallar o proceso de deterioro ao que se atopan sometidas.
Páx. 20-21
A illa da Creba, no Concello de Muros, recibe a multitude de viaxeiros que se achegan a ela baixo a pintada . Esta illa supón un anaco de litoral inalterado nunha zona onde cada vez é máis difícil atopar recursos piscícolas, ao que hai que engadir un alto valor estético e as posibilidades que ofrece como lugar destinado ao lecer.