CERNA Nº 88 - Galiza contra a vaga eólica
Páx. 15
José Antonio Rodríguez é bombeiro forestal do Servizo de Prevención de Incendios da Xunta de Galiza no distrito XIII de Valdeorras-Trives. Describe os incendios do verán do 2022 como un “duro baño de realidade” e alerta de que en Valdeorras “queda todo por facer” para que o monte non volva ser arrasado.
CERNA Nº 88 - Galiza contra a vaga eólica
Páx. 58-59
A necesidade dun inventario de insectos e as propiedades do liño, protagonistas das novas seccións de Fauna e Flora de Galiza.
CERNA Nº 87 - Espazos protexidos e conservación de aves
Páx. 5-6
A pesca galega leva anos nunha profunda crise que non está motivada pola ausencia de recursos nas nosas costas, que os hai, é moitos, e tampouco porque falten bos barcos e boas infraestruturas nas lonxas, e por suposto, os mellores pescadores. Non. Esta crise, que cada ano destrúe barcos e postos de traballo, é unha crise que ten a súa orixe na feble xestión política que se fai deste sector primario. Unha xestión que, lonxe de aspirar a colocar este ramo esencial e básico como un actor relevante no xogo político, ponse de perfil á hora de exercer a influencia necesaria para tornar o actual estado de cousas.
CERNA Nº 87 - Espazos protexidos e conservación de aves
Páx. 7-9
A implantación no territorio das infraestruturas precisas para o funcionamento das enerxías renovábeis provocan unha serie de impactos negativos sobre a biodiversidade. No caso da enerxía eólica téñense demostrado efectos como a erosión do solo e a perda de hábitats, a alteración da dinámica hídrica e a mortalidade por colisión de aves e morcegos, alén do ruído e do impacto visual, entre outros; afeccións das que tampouco están exentos os parques eólicos mariños. Faise pois imprescindíbel para a boa planificación da ubicación de instalacións de xeración de enerxías renovables en Galiza, a elaboración dun mapa de zonas de exclusión que recolla criterios que permitan salvagardar a diversidade natural e manter os servizos ecosistémicos.
CERNA Nº 87 - Espazos protexidos e conservación de aves
Páx. 10-12
Organismos internacionais como poden ser a Organización das Nacións Unidas (ONU), a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) e mesmo a Unión Europea, recomendan que o futuro dos montes pase por unha tenencia máis xusta destes territorios, evitando a súa centralización en poucas mans, pasando tamén por dar protagonismo aos seus titulares nos procesos de posta en valor.