Inicio / Números anteriores / Nin tan verdes nin tan sociais: así nos mente a industria...
Páx. 11-14
Nin tan "verdes" nin tan "sociais". As grandes marcas de moda como Inditex, Primark ou H&M méntennos cando nos din que son sustentables. O colectivo de investigación Carro de Combate en colaboración coa campaña Ropa Limpia presentou neste verán de 2023 un informe1 da autoría da xornalista Brenda Chávez no que deixa ao descuberto os numerosos "lavados de reputación" da industria da moda, a segunda máis contaminante do mundo. Revista Cerna fala con ela para debullar os resultados.