Inicio / Números anteriores / Mobilidade sostible, xénero e saúde
Páx. 15-18
O contexto de crise climática e enerxética contribúen a que a mobilidade sostible suscite cada vez máis interese entre a poboación e na axenda política. Avanzar cara a un cambio de paradigma no modelo de mobilidade é avanzar cara ao coidado da vida e a saúde persoal e planetaria. Melloraremos a saúde física e mental na medida na que aumentemos medios de mobilidade activa, fortalezamos as relacións interpersoais e integremos a natureza nos contornos urbanos. Todo isto, desde a atención á diversidade de todas as persoas.