Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

30/12/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Lexislación territorial: a Reforma local

O goberno estatal vén de propoñer unha Lei de Reforma local que deixa sen capacidade xurídica aquelas entidades locais de carácter menor (parroquias, barrios, etc.). Analizamos coa profesora en dereito administrativo e ambiental como afectaría no territorio galego esta nova normativa.

20/12/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 20/12/13

Escoita o último boletín informativo que che ofrece Radio CERNA neste ano 2013. Aquí coñecerás as novas máis destacadas da última semana no eido ambiental. Este espazo recuperará a súa emisión o día 30 de decembro, tras a semana de Nadal. Boas festas!

19/12/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Ana Miranda avalía o informe europarlamentario sobre as rías galegas

Foi aprobado o pasado martes con 20 votos a favor do PP e do PSOE e con 7 votos en contra dos liberais e dos verdes europeos. E dúas das persoas das tres que formaron parte da visita europarlamentaria o pasado mes de febreiro desvinculáronse do texto. O informe é cualificado como "descafeinado" e froito dunha manipulación da maioría conservadora na Comisión de peticións do Parlamento Europeo. Ana Miranda, representante nesta Cámara do BNG e parte integrante do grupo Verdes-ALE fai balanzo do resultado de 10 meses de xuntanzas e desencontros dentro da delegación de eurodeputados visitante.

18/12/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

O raposo como bioindicador de metais pesados no medio

Unha tese da Universidade de Santiago de Compostela determina que existen elevados niveis de chumbo nos raposos que habitan áreas agroforestais, fronte aqueles que habitan en zonas próximas ao medio urbano ou industrial. Descobre que outras curiosidades achega esta investigación, da man do seu autor, Xermán Quintana.

17/12/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

O cabalo garrano, candidato a Patrimonio Nacional en Portugal

A xestión do cabalo salvaxe en Portugal dista moito do modelo galego. Alí, o garrano está proposto como Patrimonio Nacional, é unha especie en risco de extinción e protexida e amparada pola Unión Europea. Ademais, o garrano está sendo demandado como símbolo identitario polo pobo portugués.
Neste espazo escoitaremos ao coordinador da candidatura do cabalo salvaxe portugués a Patrimonio Nacional.

16/12/2013   [00:10:00]   [5.73 MB]

Xornada sobre o cabalo salvaxe galego

A través desta xornada, que terá lugar o vindeiro sábado, a Asociación Galega de Custodia do Territorio, pretende iniciar unha seria de foros sobre o cabalo salvaxe de Galiza que, en primeira instancia, se dedicará á súa funcionalidade biolóxica e ecolóxica e á súa xestión e manexo por parte dos besteiros. Será un primeiro encontro que intenta potenciar os valores ambientais e culturais do cabalo garrano, único no mundo.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal