28/02/2025 [10:00:00] [7.10 MB]
A Xunta de Galiza reduce a protección ambiental dos terreos da Ulloa onde Altri quere instalar a súa celulosa. O presidente da Xunta evita dar explicacións e remítese de novo ao traballo do persoal técnico na declaración de impacto ambiental da planta. Veciñanza de Bembrive e Mós presentan 25.000 alegacións contra unha autovía que arrasará o seu pulmón verde. Isto e máis, en Radio Cerna!
21/02/2025 [10:00:00] [7.12 MB]
A Xunta manobra para ampliar a balsa de lodos vermellos de Alcoa a pesar dos riscos medioambientais. Denegada a autorización ambiental ao proxecto da planta de biometano en Coeses, en Lugo. Entregan centos de alegacións contra a instalación dun vertedoiro a ceo aberto en Val do Dubra. O TSXG paraliza cautelarmente un proxecto eólico que ameazaba as bestas de Sabucedo. Isto e máis, en Radio Cerna!
14/02/2025 [10:00:00] [7.11 MB]
A solicitude de concesión de augas de Altri tería que desestimarse por vencer o prazo legal para resolver. O proxecto estivo no centro dunha nova disputa esta semana no Parlamento de Galiza entre Rueda e Pontón. A empresa, pola súa banda, confirma que tramita co Ministerio de Industria unha axuda directa de 250 millóns de euros. En materia eólica, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza frea cautelarmente o proxecto eólico Zamorra, en Agolada, a instancias de ADEGA. A Confraría de Noia anuncia unha querela contra Naturgy pola morte do marisco. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
06/02/2025 [10:00:00] [7.09 MB]
O xornal La Voz de Galicia revela que o informe preceptivo de Augas de Galiza sobre a fábrica de Altri en Palas de Rei é favorable. 300 persoas implicadas, máis de 15.000 paus de batea recollidos e tan só 3 días de traballo: este é o balance final do Tarugotón, a primeira recollida simultánea de paus de batea en Galiza. ADEGA Vigo - O Morrazo vén de presentar alegacións fronte ao proxecto da autovía A-52. Galiza será a comunidade do Estado que máis terá que asumir na sanción imposta pola Unión Europea ao Estado español por non cumprir cos obxectivos de reciclaxe. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
30/01/2025 [10:00:00] [7.12 MB]
O actual proxecto mineiro de Touro, un risco para o ambiente e para a saúde aínda maior que o que implicaba o de 2017. Tamén en materia mineira, ADEGA denuncia á Xunta e ao Concello de Foz polas irregularidades na tramitación dunha canteira de caolín. O goberno galego comeza a tramitación dun novo plan eólico, sen que organizacións ecoloxistas e asociacións veciñais poidan participar nos órganos de decisión. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
24/01/2025 [10:00:00] [7.14 MB]
Noruega denega o permiso ambiental a unha celulosa coma a de Altri. Este domingo 26 de xaneiro, hai unha nova cita nas rúas coa defensa do medio ambiente e contra a invasión eólica. Tamén en materia eólica, ADEGA lanza unha campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos! para frear nos tribunais o proxecto eólico Patiñeiro, en Vimianzo. Desplome do marisco na ría de arousa, unha das principais zonas de cría do mundo. Todo isto e máis, en Radio Cerna!