Os traballos forestais que se están facendo na parroquia de San Martín de Suarna, poden estar ocasionando danos irreversíbeis no Camiño Primitivo de Santiago e nunha mámoa, incumprindo unha resolución da Dirección Xeral de Patrimonio.
Dende este domingo 24 de outubro e ata o 12 de xuño, visitaremos diferentes puntos do país, e descubriremos xunto con colectivos locais os valores ambientais, culturais e patrimoniais acubillados no seo das nosas montañas.
ADEGA e a Fundación Eira lanzan unha campaña para recadar fondos destinados a reparar o tellado da casa da Eira da Xoana, o equipamento de divulgación e formación ambiental e de promoción cultural de ADEGA.
A delegación de Lugo de ADEGA organiza un ano máis as xornadas de verán "Os catro elementos". A terra, auga, aire e lume volven a ser os protagonistas das actividades propostas nos meses de xullo e agosto.
ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian a destrución parcial dun castro en Alfoz que está mal xeolocalizado pola Xunta na actualización do Catálogo Galego de Patrimonio Cultural.
ADEGA Lugo vén de celebrar a súa Asemblea Xeral bianual, na que por unanimidade renovouse a directiva da delegación, aprobáronse os informes de contas e futuras liñas de traballo.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal