ADEGA

Delegacións

Formulario de busca
26/01/2017 | Monterrei

ADEGA-Monterrei denuncia a inacción da Xunta fronte aos lumes do inverno

A inusitada seca invernal trouxo consigo numerosos lumes na comarca. As consecuencias da falla de prevención e da diminución dos efectivos tradúcese en perda de biodiversidade, fenómenos erosivos, perda de humidade do chan... e máis lumes!

+info

25/01/2017 | Ferrolterra-Trasancos

Campaña de venda de lotaría de Nadal 2016 e Reis 2017. Novo éxito colaborativo e de participación en ADEGA

Novo éxito na campaña venda lotaría Nadal 2016 de ADEGA : 92 talonarios: Ferrol 37 t./ Nacional 25 t./ Lugo 21 t./ Vigo 4 t./ O Carballiño 2 t./ Coruña 3 t .

+info

17/01/2017 | Ferrolterra-Trasancos

ADEGA, BNG e a AVV de Brión presentamos protesta formal polo proxecto de botar os escombros das obras do tren ao porto de Ferrol nos montes de Brión(Ferrol)

ADEGA, BNG e a AVV de Brión (Ferrol) protestamos polo proxecto de botar escombros nos montes de Brión(Ferrol).

ADEGA, AVV de Brión e BNG presentamos diante da Autoridade Portuaria de Ferrol, protesta formal polo proxecto de botar os escombros da futura obra do tren ao porto exterior de Ferrol, nos montes de Brión (Ferrol) xunto a zonas de mámoas, manantiáis,.

+info

16/01/2017 | Ferrolterra-Trasancos

ADEGA e SomosCedeira deixarán de participar na Plataforma en defensa da Ría de Cedeira

Despois duns meses da creación deste colectivo a asociación ecoloxista ADEGA e o colectivo cívico Somos Cedeira, deixarán de participar por entender que se desvía dos obxectivos para os que foi constituída.

+info

13/01/2017 | Lugo

Concentración solidaria cos compañeiros que serán xulgados por defender o río Miño en Lugo

A plataforma da que fai parte ADEGA, Lugo de Cara ao Miño, vén de convocar unha concentración para o día 20 de xaneiro diante dos xulgados de Lugo, en apoio aos tres compañeiros que serán sometidos a xuízo tras unha denuncia de Inca.

+info

30/11/2016 | Lugo

A CH deberá declarar caduca a concesión para explotar a Fábrica da Luz de Lugo

A plataforma "Lugo de Cara ao Miño" e ADEGA expoñen os motivos legais e de índole ambiental, socioeconómica e de xustiza que fundamentan a extinción da concesión outorgada ao Concello de Lugo para explotar a Fábrica da Luz.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal