ADEGA

ADEGA Nacional

Formulario de busca
07/05/2019

50 propostas de ADEGA para uns concellos máis sustentábeis

Con vistas ás municipais do 26 de maio, dende ADEGA queremos salientar a importancia das políticas municipais para acadarmos un modelo ecoloxicamente sustentábel no noso país e propoñer algunhas medidas concretas ao respeito para os concellos.

+info

25/04/2019

Xunta, a millor amiga de ENCE...

Un artigo de Ramón Varela, ex-presidente de ADEGA e experto en contaminación ambiental

ENCE está utilizando toda a artillería, mesmo aos traballadores/as, na súa teima en defender a permanencia en Lourizán. Velaí algúns exemplos recentes e as razóns da defensa que a Xunta fai da pasteira

+info

23/04/2019

O BIC Cova Eirós aprobado pola Xunta non ofrece as suficientes garantías de protección

ADEGA fai valoración da declaración definitiva do BIC Cova Eirós, a que considera necesaria, pero insuficiente para garantir a protección do xacemento arquelóxico. Insta ao Concello de Triacastela a desenvolver un Plan Especial de Protección.

+info

22/04/2019

Día da Terra 2019: A protección das especies en Galiza, outra asignatura pendente da Xunta

O 22 de abril celébrase o Día da Terra. Este ano adicado a chamar a atención sobre a necesidade de protexer as especies ameazadas. A ONU advirte: de non actuarmos agora, a extinción pode ser o legado máis duradeiro da humanidade...

+info

17/04/2019

A Estratexia Galega contra o Cambio Climático cheira demasiado a fume de carbón e eucalipto

ADEGA vén de alegar ao plano operativo que desenvolve a Estratexia Galega de Cambio Climático que tramita a Xunta. O Plano son 170 medidas, o 60% sen orzamento asignado, que non tocan nin o negocio das térmicas nin o de ENCE, que mesmo favorecen...

+info

11/04/2019

Nova lei de residuos do PP, ou como camuflar o desastre de SOGAMA

A Xunta está a tramitar a nova lei de residuos e solos contaminados para incorporar os novos obxectivos da xestión dos refugallos e da economía circular. No horizonte de 2020, a reciclaxe deberá ser do 50%, mentres hoxe SOGAMA anda polo 3%...

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal