ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
24/10/2013

ADEGA segue a recoller roupa e calzado para reciclar

Neste cambio de tempada, deposita en ADEGA as prendas que non uses

Desde o pasado mes de abril, ADEGA uniuse á rede de recollida de roupa usada de Equus Zebra, unha ONGD que traballa na Coruña fomentando a reutilización e a reciclaxe téxtil e criando postos de traballo entre a poboación en risco de exclusión social.

+info

24/10/2013

ADEGA realizará obradoiros de economía sostible no fogar para adultos e de coñecemento do entorno para nenos e nenas

Todos os obradoiros impartiranse entre o 28 de outubro e o 28 de decembro de 2013

O vindeiro luns dará comezo un programa de obradoiros para nenos e adultos que organiza a Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo e que imparte ADEGA nos concellos lucenses de Viveiro, Monforte, Ribadeo, Lugo e Ribas de Sil.

+info

22/10/2013

SOGAMA encarecerá un 34% o lixo para 2,3 millóns de persoas e seguirá envelenando a vida de toda a cidadanía

Malia ao fracaso da incineración, o PP teima en mantelo para garantir as plusvalías de GN-Fenosa

A SOGAMA non lle saen as contas: Rajoy eliminou as primas das renovábeis e afundíu o negocio da biomasa. Mais GN-Fenosa non renuncia aos réditos da incineración, polo que o PP subirá un 34% o lixo para compensala. As eléctricas sempre gañan!

+info

21/10/2013

Fomento e a Xunta abandonan o xacemento arqueolóxico de A Roda

Foi descuberto por mor das obras da autovía A-8 e aínda está sen protexer.

Cultura do País, ADEGA e Mariñapatrimonio vimos de presentar unha denuncia perante a Dirección Xeral de Patrimonio polo abandono e posibles danos de A Roda do concello de Barreiros.

+info

16/10/2013

As hipotecas ambientais da minaría en Galiza: O lago das Pontes modelo de restauración?

O rexeitamento do proxecto de Corcoesto pola Xunta non se debeu a causas ambientais. De feito, tanto Feijóo como Aréchaga, director do proxecto e ex-responsábel da mina das Pontes, insisten na súa inocuidade e poñen de modelo ao "lago" de Endesa...

+info

15/10/2013

ALERTA: Ducias de Corcoestos son aínda posíbeis co Plano da Minaría que pretende aprobar a Xunta

Edgewater non cumpríu criterios técnicos e económicos, mais mantén as concesións por 90 anos

A noticia de que a Xunta rexeitará o proxecto de Corcoesto por "insolvencia financeira e técnica" non significa que desapareza a ameaza da megaminaría en Galiza. Co PSAEG, Galiza seguirá sendo "unha mina", só que para peixes máis grandes...

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal