ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
16/06/2014

Máis de 600 persoas participan na III Limpeza simultánea de praias

Durante a pasada fin de semana (6, 7 e 8 de xuño), e esta última fin de semana (13, 14 e 15 de xuño), 30 entidades sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e denunciar a problemática ambiental do lixo mariño na 3ª Limpeza

+info

16/06/2014

Multas de 6.900€ e recurte de dereitos por defender os nosos bosques

Aos 6.900€ de multas impostos pola subdelegación do governo a 9 integrantes da Plataforma Sarriana polo Río hai que engadir a poda normativa coa que a Xunta quere restrinxir ainda máis a participación cidadá na protección das árbores senlleiras

+info

11/06/2014

Nostián solución! É urxente millorar a xestión dos residuos na Coruña e comarca

O manifesto "Nostián Solución", asinado por asociacións ecoloxistas, sindicatos, cooperativas de consumo e colectivos sociais da Coruña, insta a concello e responsábeis da planta de Nostián a millorar a taxa de reciclaxe. Pódese e débese!

+info

09/06/2014

Ecoloxistas, propietarios, empresas, investigadores e outros 40 colectivos impulsan a campaña Cousa de Raíces

Máis de 40 entidades defensoras do bosque galego lanzamos na Eira da Xoana a campaña “Cousa de Raíces”. Esta campaña, impulsada por ADEGA, pretende sumar esforzos en recuperar o valor do bosque como recurso cultural, económico e ambiental

+info

03/06/2014

Na Semana do Medio Ambiente: Bosques e costas, a nosa identidade

O 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente. Para ADEGA todos os días están adicados ao medio, mais como nesta semana celébrase tamén o Día dos Océanos (8-X) unimos as dúas reivindicacións e cunha serie de actividades que abranquen á terra e ao mar

+info

28/05/2014

Novo programa de compostaxe con 4 parroquias máis de Pontevedra

Os habitantes de Sta Maria de Xeve, Sto Andrés de Xeve, Verducido e Cerponzóns xa poden solicitar un composteiro no concello de Pontevedra

Pontevedra avanza na xestión ecolóxica do refugallos. ADEGA segue cos programas de compostaxe caseira, o terceiro, tras 83 composteiros repartidos. Desta volta beneficiaranse 60 fogares máis de Xeve (Sto Andrés e Sta María) Cerponzóns e Verducido

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal