ADEGA

Delegacións

Formulario de busca
30/06/2021 | Lugo

A CHMS denega a solicitude de legalización das instalacións do Clube Fluvial por ser incompatibles co Plan Hidrolóxico Miño Sil

A Confederación Hidrográfica Miño Sil vén de comunicar a ADEGA que resolveu denegar ao Clube Fluvial de Lugo a solicitude de renovación da concesión polo prazo legal máximo previsto da ocupación, así como a legalización das instalacións existentes.

+info

28/06/2021 | A Mariña

Unha plantación de eucaliptos dana gravemente un castro en Alfoz mal catalogado

ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian a destrución parcial dun castro en Alfoz que está mal xeolocalizado pola Xunta na actualización do Catálogo Galego de Patrimonio Cultural.

+info

18/06/2021 | Lugo

ADEGA Lugo renova a Directiva na Asemblea Xeral celebrada o xoves 17 de xuño

ADEGA Lugo vén de celebrar a súa Asemblea Xeral bianual, na que por unanimidade renovouse a directiva da delegación, aprobáronse os informes de contas e futuras liñas de traballo.

+info

10/06/2021 | Lugo

A Xunta cuestiona a viabilidade ambiental da ampliación do Ceao proposta polo Concello de Lugo

O pasado 18 de maio fíxose público un informe da Dirección Xeral de Calidade Ambiental da Xunta de Galicia, o cal cuestiona a viabilidade dun Plan urbanístico deseñado para crear unha nova urbanización industrial na parte norte da cidade de Lugo.

+info

27/05/2021 | Ferrolterra-Trasancos

Caso Eume: alén da multa, Augas debe investigar se houbo delito e declarar caduca a concesión

ADEGA reclama unha vez máis que as lamas do fondo do encoro da Capela se traten en terra para evitar novos episodios de contaminación e se restaure toda a bacía

+info

23/05/2021 | Monterrei

Asina o manifesto "Salvemos o Macizo Central" contra o parque eólico de Rebordechao

Salvemos O Támega - ADEGA Monterrei lanza o manifesto “Salvemos O Macizo Central” co obxectivo de dar a coñecer, concienciar e denunciar publicamente a gravísima ameaza que o Parque Eólico de Rebordechao supón para o Macizo Central.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal