O pasado 4 de xullo ADEGA-Ferrolterra xunto con outras asociacións ecoloxistas e de veciñanza organizamos unha andaina para pedir a retirada dos áridos asfálticos que levan 6 anos almacenados ao lado do polígono industrial de Vilar do Colo (Cabanas).
A ONU adica este día a concienciar da loita contra a desertificación para manter a produtividade dos ecosistemas terrestres. Este 2015 reclámanse uns solos sanos. Porén monocultivos como o eucalipto ou a batata son unha ameaza á fertilidade da terra
No aparcadoiro da praia de Santa Comba (Ferrol) existe unha mancha da herba becerra, unha especie en perigo que foi cortada ao desbrozar o perímetro do aparcadoiro. Unha vez máis a administración volver ser o peor perigo para o medioambiente
Un ano máis ADEGA organiza a IV Limpeza simultánea de praias con motivo do Día Mundial dos Océanos. Será este 5, 6 e 7 de xuño. Consulta, datas, lugares, descarrega o protocolo de limpeza... Morte ao plástico!
O vindeiro 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente. Durante toda esta semana, ADEGA organiza unha manchea de actividades dende os ríos, ao tratamento dos residuos, pasando pola loita contra as invasoras ou a limpeza de praias. Apóntate!
ADEGA vén de denunciar o uso de maquinaria pesada para a colocación dun chiringuito de xeados na praia de Doniños. Esta praia ten 3 figuras de protección polo que parece absurdo alterar esta zona protexida cando a escasos 50m hai unha aparcadoiro.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal