ADEGA vén de denunciar outra plantación de pirófitas (piñeiros) en Rede Natura, desta volta no Canón do Sil. Dase a circunstancia que este cambio de usos afecta tamén ao territorio de campeo da aguia real, a pouca distancia dunha área de aniñamento
27 e 28 de marzo. Santiago de Compostela. Co obxectivos de aprender e debatir sobre as boas prácticas de traballo en rede e desenvolvemento social e institucional da Custodia do Territorio que se están a levar por diferentes redes e entidades
Esta factoría foi declarada ilegal polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ao estar construída sobre terreos non urbanizables nin de uso industrial e ten pendente de execución unha orde de demolición emitida pola APLU
O Valedor vén de facer pública a súa resolución logo de que máis de 11.000 persoas e colectivos denunciaramos os impactos da liña eléctrica que Fenosa pretende facer pasar polas fragas de Casas Vellas e Catasós. Xunta e Fenosa fican ben retratadas.
Dentro da campaña "Cousa de Raíces" vimos de denunciar outra plantación de eucaliptos sobre un antigo bosque atlántico na ZEC (LIC) Xubia-Castro, parte da Rede Natura 2000.
ADEGA e MariñaPatrimonio vimos de advertir ao Servizo de Patrimonio Culturala que no lugar da Muxueira (Riotorto- Lugo) estanse a levar a cabo labores de corta e plantación de eucaliptos enriba dun xacemento aurífero da época romana sen inventariar.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal