ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Auga e ríos / Novas /

Novas

Formulario de busca
25/05/2017

Arquivado o recurso xudical de INCA contra a paralización das obras do dique ilegal do Miño

O Tribunal entende que a resolución ministerial que ordea eliminar a ataguía dá por extinguido o acto recorrido por INCA

O auto arquiva o procedemento pola perda sobrevida do obxecto do recurso, tal e como alegaron ADEGA e o avogado do Estado, dado que xa existe resolución firme do Ministerio de Medio Ambiente que ordea derrubar a infraestrutura ilegal.

+info

03/05/2017

Algo cheira a podre no Xallas: crónica das privilexiadas relacións entre a Xunta e Villar-Mir

A recente imputación de Villar-Mir polo presunto financiamento irregular do PP, pon o foco nas relacións entre a Xunta e o empresario, dono e señor do río Xallas. A súa non é unha historia, é un idilio...

+info

05/04/2017

ADEGA pide á Fiscalía que recorra contra o arquivo da causa da Fábrica da Luz

Como parte da plataforma "Lugo de Cara ao Miño" ADEGA vén de pedir á Fiscalía de Lugo que recorra contra o auto do Xuzgado de Instrución nº 1 que arquivou a causa relativa á adxudicación do contrato de explotación da Fábrica da Luz.

+info

29/03/2017

ADEGA e a Consellería de Medio Ambiente renovan o convenio do Proxecto Ríos

A presidenta de ADEGA e coordenadora do Proxecto Ríos, Virginia Rodríguez, vén de asinar coa conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato o convenio de colaboración que dota de orzamento ao Proxecto Ríos

+info

24/03/2017

Augas de Galiza confirma a alta contaminación por metais tóxicos dos efluentes da mina de San Fins

O pasado xaneiro denunciamos novas verteduras ao dominio público dende a mina de San Fins. O expediente aberto por Augas confirma outra volta que algúns metais tóxicos sobardan os límitres legais mesmo 1500m augas abaixo da mina.

+info

24/03/2017

En relación có Dia Mundial dos Bosques: Mesa redonda en Ferrol

Palestra :Os valores dos montes de Brión e do Cha (Ferrol)

Realizada palestra en Ferrol coa participación de José Oreona: Pdte da veciñanza de Brión;Alberto López: Arqueólogo Terra de Trasancos;Jaime Fagúndez:Profesor da UDC;Coordenación: Ernesto Lopes (Adega);Imaxe: M. Anjo Glez (Adega).

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal