Os pasados días 15 e 16 de maio realizouse a segunda reunión das entidades socias do proxecto Linving River na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela, no que se acordaron cuestións relativas á participación do Ensino no proxecto.
A delegación luguesa de ADEGA vén de dirixir a todas as forzas políticas que aspiran a gobernar a cidade da Muralla a partir do 26 de maio un decálogo de propostas ecoloxistas co obxectivo de introducir a a axenda ecoloxista no debate electoral.
A presidenta de ADEGA e Coordinadora do proxecto, Virxinia Rodríguez Álvarez, asinou hoxe o convenio de colaboración que dota de orzamento ao Proxecto Ríos, coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Mª Vázquez Mourelle.
Os vindeiros dias 15 e 16 de maio realizarase a segunda reunión das entidades socias do proxecto Linving River, que terá lugar na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela.
Abril.2019.Ferrol. A Fraga de Menáncaro é unha zona de bosque autóctono de Ferrol. Varios operarios dunha empresa maderera comezaron unha tala nesta zona e trala presenza de membros de Adega, Verdegaia e veciños paralizouse a actuación.
Este 22 de marzo celébrase o día Mundial da Auga que trata de facer unha chamada de atención sobre este elemento esencial para a vida das persoas e dos ecosistemas do planeta
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal