O parque eólico Pena do Corvo, ás portas das Fragas do Eume, pretende situarse nunha área de ampliación da RN2000 que Feijóo ten conxelada dende 2011. Non sorprende que sexa de Iberdrola...
ADEGA, CEMMA, FEG, Hábitat, SGHN, SGO e Verdegaia vimos de solicitar á Xunta a inclusión dunha representación do ecoloxismo galego no “Observatorio da eólica mariña”. O ambiente non pode quedar fóra da planificación deste sector
Xa están en tramitación dous parques eólicos fronte á costa galega, mesmo denantes de existir unha planificación do sector enerxético no mar. As eléctricas pretenden repetir a tola carreira por ocupar o espazo mariño tal como xa aconteceu na terra...
ADEGA Lugo vén de celebrar a súa Asemblea Xeral bianual, na que por unanimidade renovouse a directiva da delegación, aprobáronse os informes de contas e futuras liñas de traballo.
Esta segunda feira mantivemos unha xuntanza de traballo coa Valedora do Pobo para reclamarlle amparo fronte á enxurrada de parques eólicos e en defensa do dereito da cidadanía ao medio ambiente e á información e participación pública.
Galiza contribuíu dun xeito significativo ao Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica, que vén de acadar e superar o importe inicialmente estimado para a recadación colectiva.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal