ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Contaminación e residuos / Novas /

Novas

Formulario de busca
12/06/2020

Informe ADEGA: "5 Verdades e 5 mentiras sobre Alcoa. Na procura dunha solución integral para a Mariña"

ADEGA presenta o Informe “5 Verdades e 5 mentiras sobre Alcoa. Na procura dunha solución integral para a Mariña” para introducir a súa perspectiva no debate social xerado arredor do futuro de Alcoa e do desenvolvemento socio-económico da Mariñ

+info

10/06/2020

Outro vertedoiro máis nas Somozas e 10.000 t de residuos do Prestige aínda sen tratar

A Xunta tramita a autorización dun novo vertedoiro nas Somozas para 1,03 millóns de m3 de residuos industriais ao que pretenden traer as terras contaminadas con lindano, mentres 10.000 t de refugallos do Prestige seguen sen tratar...

+info

08/06/2020

ADEGA celebra o Día Mundial dos Océanos cunha limpeza de praias

ADEGA celebra o Día dos Océanos chamando a atención sobre a problemática do lixo mariño que, desta volta, tamén se ve intensificado pola pandemia. Acudirá a praias da Pobra do Caramiñal para recoller refugallos e observar o seu estado ambiental.

+info

14/05/2020

A polución do aire reduciuse en máis da metade en case todas as cidades galegas durante o estado de alarma

ADEGA analiza o impacto do estado de alarma sobre a redución da contaminación das principais cidades galegas con respecto a valores de 2019 e nas diferentes etapas do confinamento. Agás Ferrol, todas as grandes cidades galegas presentan mellora.

+info

09/03/2020

ADEGA reclama a revisión do Plan de Continxencia por contaminación mariña para evitar futuros "sentinazos" na costa galega

ADEGA esixe explicacións e a disposición por parte da Administración de todas as medidas necesarias para que se clarexe o antes posible a orixe e alcance do recente episodio de contaminación mariña e reclama a revisión do Plan de Continxencias.

+info

05/03/2020

Ducias de aves mariñas petroleadas abeiran nas costas galegas por un posíbel "sentinazo"

Nestes días están a aparecer gran número de aves mariñas abeiradas nas praias. Están enchoupadas dunha substancia oleosa, moi probabelmente procedente dun "sentinazo". Pedimos a colaboración da cidadanía para localizar e tratar estas aves

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal